Inclusión e proxección

  • Xesús Alonso Montero (2013-2017)
  • Víctor F. Freixanes (2017-2025)

A partir de 2012, a Academia afonda na liña de difusión dos seus fondos e de comunicación coa sociedade, mesmo mediante a creación de novos recursos e servizos en liña como o Portal das Palabras, Primavera das Letras, Guía de Nomes e Guía de apelidos, vídeos con resolución de dúbidas, series documentais sobre as figuras das Letras Galegas, a atención de consultas lingüísticas ou ao arquivo, a hemeroteca e biblioteca... A acollida por parte do público é excelente.

Xesús Alonso Montero e Víctor F. Freixanes

A defensa da lingua continúa sendo un eixe central da actividade da RAG. Ao longo do tempo, sucédense as declaracións institucionais con chamamentos á cidadanía galega e ás institucións reclamando compromisos sociais e políticas efectivas. Así, en 2015 mediante a declaración O galego dá vida, aprobada como reacción aos alarmantes datos do IGE 2013 sobre coñecemento e uso da lingua, reclámase a aplicación do Plan Xeral de Normalización da Lingua, “poñendo en marcha as medidas previstas nel dun xeito programado, verificable e suxeito a avaliación”, e ínstase a que o mesmo consenso político que posibilitou a aprobación da Lei e do Plan de Normalización Lingüística “impulse agora a súa plena e eficaz implementación”.

En 2016 apróbase outra declaración en relación co informe do comité de expertos da Carta Europea, subliñando que o Decreto 79/2010 "ten un impacto moi negativo ao fixar un máximo do 50% do ensino en galego, co obxectivo final de reducilo a un terzo, mentres que ao mesmo tempo prohibe expresamente o ensino en galego de Matemáticas na Primaria e de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química na Secundaria".

En 2019 apróbase unha nova declaración verbo dos acordos do comité de ministros do Consello de Europa sobre a Carta Europea de linguas rexionais e minoritarias que instaba a modificar a Lei Orgánica do Poder Xudicial para garantir o uso das linguas cooficiais nos procedementos xudiciais a pedimento dunha das partes; a mellorar o uso das linguas cooficiais na administración do Estado nas Comunidades Autónomas; e a eliminar as limitacións do ensino en galego en Galicia.

Ao mesmo tempo, verifícase unha importante renovación do plenario, pois en doce anos se producíronse once ingresos, dos cales, sete foron mulleres e catro homes. Por primeira vez, o equipo de dirección da Academia incorpora mulleres; de feito, nas catro últimas executivas elixidas polo Pleno desde 2013 a 2025, son maioría as mulleres. Comeza así a saldarse a débeda histórica da institución con elas e a súa valiosísima achega á cultura e ás letras galegas.


Liña do tempo

2014

  • Ponse en liña do Portal das Palabras, en parcería coa Fundación Barrié
  • Primeira elección popular da Palabra do Ano: corrupción

2016

2019

  • Ábrese ao público a aplicación Galicia Nomeada, en parcería coa Xunta de Galicia

2020

  • O ano da covid, o Dicionario da Real Academia Galega atinxe as 38.500.000 consultas anuais

2021

2022

2024

2025

Presidentes

Día das Letras Galegas

Ingresos

Defensa da lingua

Sociolingüística

Dinamización

Toponimia

Portal das Palabras

Ferramentas en liña

Conmemoracións

Marcial del Adalid