Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nicolao, Nicolasa
Nome cristián
Pronuncia
Nicolasa:
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Nico, Colao, Colás
Femininos Colasa
Etimoloxía e historia
Do nome persoal grego Nikólaos 'vencedor entre o pobo', do verbo nikân 'vencer' e laós 'pobo'. Pasou ao latín como Nicolaus.
Motivación
San Nicolao de Mira ou de Bari (séculos III-IV?), de dubidosa historicidade e supostamente nado en Asia Menor, foi bispo de Mira (Turquía) e segundo a tradición combateu o arianismo no concilio de Nicea (325). No século XI uns comerciantes procedentes de Oriente chegaron a Bari (Italia) proclamando que traían as súas reliquias.
San Nicolao de Tolentino foi un predicador da orde dos agostiños do século XIII.
Chamáronse así
O filósofo e político italiano Niccolò Macchiavelli (1469-1527), coñecido entre nós como Nicolao Maquiavelo; o astrónomo prusiano-polaco Niklas Koppernigk (1473-1543), coñecido entre nós como Nicolao Copérnico; o músico italiano Niccolò Paganini (1782-1840); o escritor ruso Nikolai Gogol (1809-1852); o escritor cubano Nicolás Guillén (1902-1989). Tamén o leva o cantante italiano Nicola di Bari (pseudónimo de Michele Scommegna, 1940).
En Galicia lembramos a Nicolasa Añón Paz (1810-1887), poetisa natural de Outes, irmá máis vella de Francisco Añón, precursor do Rexurdimento galego. Para os estudos antropolóxicos galegos foi importante a obra La aldea gallega (1914), do andaluz Nicolás Tenorio Cerero (1863-1930), escrita entre 1900 e 1906 durante a súa estadía como xuíz de Viana do Bolo.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Klaus | |
| Niklaus | ||
| Nikolaus | ||
| Catalán | Nicolau | Nicolaua |
| Español | Nicolás | |
| Éuscaro | Nikolau | |
| Nikolas | Nikolasa | |
| Nikola | Nikole | |
| Francés | Colas (hip.) | Colette (hip.) |
| Nicolas | Nicole | |
| Holandés | Nikolaas | |
| Húngaro | Miklos | |
| Inglés | Nicky (hip.) | |
| Nick | ||
| Nicholas | ||
| Italiano | Niccolò | |
| Nicola | ||
| Portugués | Nicolau | |
| Romanés | Nicolae | |
| Ruso | Nikolai | |
| Serbio | Nikola | |
| Sueco | Nils |
Antes e despois de Nicolao
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




