Ano Castelao 

1/8

Presentación

Castelao ingresou na Real Academia Galega no ano 1934, mais a guerra forzouno ao exilio e xa nunca máis regresou onda nós. A Real Academia Galega conservou viva a súa memoria. Nunca declarou vacante a súa cadeira de académico ata despois de se producir o seu pasamento en 1950. O ano 1964 dedicámoslle o Día Das Letras Galegas. Foi a segunda personalidade á que se lle dedicou, despois de Rosalía de Castro.
Neste 75 aniversario unímonos aos actos e ás celebracións que lembran a súa figura poñendo a dispor do público documentos e obxectos que forman parte dos fondos da institución.

Tribuna

A marquesiña

María López-Sández

“A marquesiña” é unha das creacións máis coñecidas de Castelao. Neste pequeno relato conflúen moitos dos trazos definitorios da súa personalidade artística e creadora: a combinación de texto e imaxe en sutil complementariedade; o carácter precursor dun xénero tan identificado coa posmodernidade, o microrrelato, do que foi un magnífico antecedente; o minimalismo e a contención expresiva tras os que se intúe unha grande profundidade, debedora de elementos contextuais, sociais e históricos.

Peza destacada

Responsive Image

O dobre exilio: Castelao no cinema

Margarita Ledo Andión

Porque medrou so o signo da Galiza moderna, as Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos, o Castelao prototipo do comunicador moderno traslada nunha frase a actualidade de novas formas para novos contidos naquel “déame pra ir ó cine, que estou seguindo unha película”, razoa o rapaz nunha viñeta mentres o de Rianxo mírase anunciado, cunha tipografía máis visíbel que a do propio título do filme, La tragedia de Xirobio, adaptación dun dos relatos de Cousas da vida, por Vicus, “la novísima entidad cinematográfica viguesa”

Ler máis

Tribunas

A marquesiña

María López-Sández

“A marquesiña” é unha das creacións máis coñecidas de Castelao. Neste pequeno relato conflúen moitos dos trazos definitorios da súa personalidade artística e creadora: a combinación de texto e imaxe en sutil complementariedade; o carácter precursor dun xénero tan identificado coa posmodernidade, o microrrelato, do que foi un magnífico antecedente; o minimalismo e a contención expresiva tras os que se intúe unha grande profundidade, debedora de elementos contextuais, sociais e históricos.

Ano Castelao

Víctor F. Freixanes

Neste mes de xaneiro cúmprense setenta e cinco anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, sen dúbida a gran figura política e cultural da Galicia contemporánea. Xunto con Rosalía de Castro, Castelao é o primeiro referente da galeguidade. Rosalía de Castro no século XIX. Castelao no século XX.

Alba de esperanza

Víctor F. Freixanes

O 25 de xullo de 1948, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pronunciou en Buenos Aires un dos grandes discursos da cultura galega: Alba de Gloria, lembrado e reproducido centos de veces, mais que non perde actualidade. Poucos textos tan brillantes, tan vivos, tan conmovedores e tan intelixentes coma o do artista e político galeguista no exilio, malia os setenta e seis anos transcorridos dende entón.

Responsive Image
Responsive Image
Responsive Image