Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Lúa
feminino
Apelativo
Pronuncia
Lúa:
Etimoloxía e historia
Nome afectivo e augural que se dá a unha meniña co desexo de que sexa tan luminosa, bela ou influente como a Lúa (do latín luna).
Motivación
Na mitoloxía romana, Luna era a divindade romana da Lúa, equivalente á Selene grega. Para os romanos a Lúa presidía a maxia amorosa, as metamorfoses; era a deusa dos fármacos; o orballo lunar daba forza máxica ás plantas. A pedra selenita era o máis poderoso talismán. O crecente lunar está presente nas lápidas funerarias dos galaicorromanos. Na Galicia rural e noutras sociedades tradicionais cóntase o tempo por lúas e téñense moi en conta as súas fases para realizar certos labores.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Español | Luna | |
| Éuscaro | Ilazkiñe | |
| Ilazki | ||
| Ilargiñe | ||
| Ilargi | ||
| Italiano | Luna | |
| Portugués | Lua |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




