Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Fiz
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Fiz:
Variantes
Etimoloxía e historia
Motivación
San Fiz de Nola (século III) foi un sacerdote natural desta cidade italiana da Campania. Salvouse dúas veces da morte, durante a persecución de Decio. Nunha ocasión, fuxindo dos seus perseguidores, salvouno unha arañeira que cubría a entrada da cova onde se refuxiara.
San Fiz o Africano (século IV) veu desde África evanxelizar Xirona, xunto a san Covade.
A coincidencia na prisión de san Pedro (san Pedro ad vincula) coa dun san Fiz deu lugar na devoción popular galega á aglutinación nunha única denominación que corre por Galicia como san Pedro Fiz ou san Pedro Fins. Ten moita sona a romaría de San Fins do Castro, na comarca de Bergantiños.
Chamáronse así
Fiz Vergara Vilariño (1953-1987), natural de Samos, poeta en galego, membro do colectivo Cravo fondo.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Felix | |
| Bretón | Feliz | |
| Catalán | Feliu | |
| Fèlix | ||
| Español | Félix | |
| Éuscaro | Felix | |
| Francés | Félix | |
| Inglés | Felix | |
| Italiano | Felice | |
| Portugués | Félix | |
| Feliz | ||
| Fins | ||
| Fiz | ||
| Romanés | Felix | |
| Ruso | Feliks |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




