Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Filiberto
masculino
Nome cristián
Pronuncia
                            Filiberto:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Etimoloxía e historia
Adaptación do nome francés Philibert, de orixe xermánica, composto por filu 'moito' e bairthts 'claro, brillante; célebre, famoso'.
Motivación
San Filiberto foi un abade gascón do século VII que fundou mosteiros en Francia co apoio do rei franco Dagoberto I.
Filiberto I e Filiberto II foron duques da Savoia nos séculos XV e XVI. Houbo algúns máis co nome de Manuel Filiberto da Savoia.
Chamáronse así
Filiberto Díaz (1838-1923), avogado e xornalista valenciano que, cando foi gobernador civil en Pontevedra, promoveu a Exposición Rexional Galega de 1880.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Catalán | Filibert | |
| Español | Filiberto | |
| Éuscaro | Filiberto | |
| Francés | Philibert | |
| Inglés | Philibert | |
| Italiano | Filiberto | |
| Portugués | Filiberto | |
| Feliberto | ||
| Felisberto | 
Antes e despois de Filiberto
        
        
        
    Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




