Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Clodio, Clodia
Nome cristián
Pronuncia
                            Clodio:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Variantes
Etimoloxía e historia
Do latín Claudius, nome dunha familia romana moi ilustre; procede do cognome Claudus 'coxo'. Na etapa republicana xa se rexistra a súa variante popular Clodius, resultado da monotongación de au en o.
Motivación
O emperador romano Claudio foi o terceiro da familia Claudia (xunto con Tiberio, Calígula e Nerón). Gobernou entre os anos 41 e 54 baixo a terrible presión da garda pretoriana e conquistou o sur de Britania e a Tracia. Morreu asasinado pola súa muller, Agripina.
San Clodio (século III) foi mártir na Gallaecia asturicense (zona de León) baixo o imperio de Diocleciano, xunto cos seus irmáns Lupercio e Vitorino, os tres fillos do centurión san Marcelo. Segundo a tradición, na súa honra fundouse no século X o mosteiro de San Clodio, na comarca do Ribeiro.
Chamáronse así
Claudio Movilla (1931-1998), xuíz, militante de Justicia Democrática, organización clandestina durante a ditadura, presidente do Ateneo da Coruña, membro de Jueces para la Democracia e maxistrado do Tribunal Supremo, ditou en 1984 a primeira sentenza en lingua galega da época moderna.
Os franceses Claude Bernard (1813-1878), biólogo e fisiólogo; Claude Debussy (1862-1918), compositor, e Claude Monet (1840-1926), pintor, e Claude Lévi-Strauss (1908-2009), antropólogo.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Alemán | Claudius | |
| Bretón | Glaode | |
| Catalán | Claudi | Clàudia | 
| Español | Claudio | Claudia | 
| Éuscaro | Klodio | |
| Klaudio | Klaudia | |
| Kauldi | Kaulde | |
| Francés | Claude | |
| Inglés | Claud | Claudia | 
| Claude | ||
| Italiano | Claudio | Claudia | 
| Portugués | Clódio | |
| Cláudio | Cláudia | |
| Romanés | Claudiu | Claudia | 
Antes e despois de Clodio
        
        
        
    Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




