Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Clarisa
feminino
Nome cristián
Pronuncia
                            Clarisa:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Etimoloxía e historia
Deriva en última instancia do latín clarus ‘brillante, claro’, quizais a través de Claricia, forma analóxica do latín tardío claritia, que deu lugar a diversas formas nas linguas europeas.
Motivación
Clarisa é o nome dado ás relixiosas da orde feminina dos franciscanos, fundada por santa Clara de Asís.
Chamáronse así
Clarice Lispector (1920-1977), escritora e xornalista brasileira, considerada das autoras brasileiras máis importantes do século XX.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Catalán | Clarissa | |
| Español | Clarisa | |
| Francés | Clarisse | |
| Inglés | Clarissa | |
| Clarice | ||
| Italiano | Clarissa | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




