
Sesión extraordinaria do Día das Letras Galegas 2025
Sábado, 17 de maio de 2025 - 12:30 horas
Centro Cívico e Cultural. Malpica de Bergantiños
Sesión extraordinaria do Día das Letras Galegas 2025
Sábado, 17 de maio de 2025 - 12:30 horas
Centro Cívico e Cultural. Malpica de Bergantiños
Este nome non se encontra na guía.
feminino
Nome toponímico
O topónimo de Pedrafita é un derivado de cebro ‘cabalo salvaxe de pequena alzada’, do latín vulgar *ecĭfĕrus, e este do latín clásico equĭfĕrus ‘cabalo salvaxe’, composto de ĕquus ‘cabalo’ e ferus ‘silvestre, bravo’. Outros topónimos semellantes, como Cibreiro e os plurais correspondentes, poderían tamén ser derivados de acivro (< lat. AQUIFŎLIUM). Todos eles deixaron apelidos.
A difusión do nome parte da igrexa de Santa María do Cebreiro, situada no Camiño de Santiago, que conserva a lenda do santo Milagre ou do santo Graal, que xa se contaba antes do século XV. Contra o ano 1300 un sacerdote desta igrexa, nunha noite de forte nevarada, misaba el só, sen ningún fiel no interior. No momento de consagrar a hostia entrou un devoto veciño da aldea de Barxamaior e, amolado, o crego murmurou: “Vir con este tempo de tan lonxe só para axeonllarse diante dun pouco de pan e viño...!” En rematando de dicir isto viu que a hostia se convertía en carne e o viño en sangue, e, coa impresión, caeu morto diante do altar.
Esta lenda é unha versión popular doutra céltica de orixe bretoa, recolleita na Demanda do Santo Graal da literatura medieval.
O escudo de Galicia incorporou como símbolo principal o cáliz do milagre do Cebreiro.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]