Este nome non se encontra na guía.
feminino
Nome toponímico
Nome de recente introdución. Procede do topónimo portugués Anadia, derivado, segundo parece de aqua nativa 'auga orixinal'.
Na vila portuguesa de Anadia (distrito de Aveiro), viviu o filólogo portugués Manuel Rodrigues Lapa, editor das Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros galego-portugueses medievais e amigo de galeguistas como Ramón Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro, cos que mantivo correspondencia.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]