Letras Galegas 2022

Ano 2022

Florencio Delgado Gurriarán

1/13

Biografía

Florencio Delgado Gurriarán

Por Ricardo Gurriarán

Florencio Manuel Delgado Gurriarán nace en Córgomo, Concello de Vilamartín de Valdeorras, en agosto de 1903, no seo dunha familia valdeorresa abastada. Súa nai Consuelo Gurriarán Díaz proviña de ferróns vasco-navarros con dedicación á vitivinicultura e aos labores ferreiros nas bocarribeiras do Sil e do Leira, desde a idade media. Pola póla de pai, seu avó Constantino Delgado Gurriarán era agrimensor e propietario de terras.

Tribuna

Galicia infinda

Víctor F. Freixanes

As Letras Galegas deste ano 2022 van dedicadas á figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, California, 1987). A súa biografía, como sucedeu con outros autores recentes (Antonio Fraguas, Ricardo Carvalho Calero), percorre practicamente todo o galeguismo do pasado século XX, con experiencias ilusionantes como o Seminario de Estudos Galegos (1923), o rexurdimento literario dos anos 30 e a defensa do Estatuto de Autonomía de 1936, e momentos certamente dramáticos, moi principalmente a guerra civil (1936-1939) e o exilio.

Videos

Palabras de Florencio

Cantarena

Vindimarego

Ralbar

Souril