Contido con Actualidade Novas.

Case 500 microrrelatos optan aos premios da RAG e PuntoGal

2/04/19 |
O xurado fará pública a resolución do concurso o luns 22 de abril, Véspera do Día do Libro. Ademais de repatir agasallos tecnolóxicos, as entidades convocantes publicarán os textos premiados na Rede e a revista 'Luzes', na súa edición en papel

A obra 'Toponimia de Ames' preséntase o 4 de abril en Bertamiráns

28/03/19 |
Xosé Ramón López Boullón asina o novo volume da colección Terra Nomeada, que presentará no Pazo da Peregrina acompañado polo presidente da RAG, o coordinador do Seminario de Onomástica da Academia, o alcalde e a concelleira de Normalización Lingüística de Ames e a presidenta da AGOn

Barriga Verde, o teatro popular e de resistencia simbólica que falou galego no franquismo

27/03/19 |
A investigadora Comba Campoi, o dramaturgo Manuel Lorenzo e o actor e profesor Santi Prego conversaron sobre o teatro popular de monicreques na posguerra nun acto organizado pola RAG e a Asociación Morreu o Demo na véspera do Día Mundial do Teatro

A RAG lamenta o pasamento do académico de honra Giuseppe Tavani

25/03/19 |
O catedrático emérito da Universidade de Roma La Sapienza era un dos grandes especialistas mundiais en lírica medieval galega e promotor activo do recoñecemento das nosas lingua e literatura contemporáneas

As 'Horas de Compostela' enchen de versos de Salvador García-Bodaño o Día da Poesía

22/03/19 |
Poetas de distintas idades e Miro Casabella puxéronlles voz a versos do académico na celebración do Día da Poesía. A RAG recolle os textos escolmados e comentados nunha 'plaquette' dispoñible en versión dixital

Mario Vargas Llosa visita a Academia

22/03/19 |
O premio Nobel de Literatura coñeceu a institución e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. O escritor participa estes días na Coruña nun seminario internacional sobre a súa obra

Comba Campoi, Manuel Lorenzo e Santi Prego conversan na RAG sobre o teatro popular de monicreques na posguerra

22/03/19 |
A autora, finalista do XXII Premio Vicente Risco pola súa obra sobre Barriga Verde, o dramaturgo e o actor e profesor da ESADG protagonizan un coloquio o 26 de marzo, véspera do Día Mundial do Teatro. Amosaranse pezas orixinais da barraca de José Silvent, pai do popular personaxe que percorreu as feiras durante décadas

Relación definitiva de candidaturas para tres contratos

21/03/19 | Publícase a listaxe das persoas seleccionadas por orde de prelación para un contrato de Lexicografía e dous de Toponimia

Ana Romaní ingresa na Academia o 6 de abril nun pleno extraordinario en Noia

20/03/19 |
O Teatro Coliseo Noela acollerá o pleno extraordinario e público. A escritora e xornalista ocupará a vacante producida polo pasamento de Xohana Torres. Margarita Ledo daralle resposta ao seu discurso de ingreso

A asociación estadounidense de didáctica das ciencias distingue a Marilar Aleixandre

20/03/19 |
A académica é autora dun dos artigos pioneiros na investigación sobre argumentación e uso de probas en ciencias. Recibirá o galardón a finais de marzo en Baltimore

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete