Contido con Actualidade Novas.

Homenaxe a Antonio Fraguas no seu vixésimo cabodano

5/11/19 |
A Fundación Antonio Fraguas Fraguas, o Museo do Pobo Galego e a Asociación do Traxe Galego recordaron o protagonista do Día das Letras Galegas cunha ofrenda floral en Boisaca

A gramática para gozar da lírica trobadoresca

4/11/19 |
O lingüista sueco Pär Larson publicou en 2018 a primeira gramática específica da lingua poética medieval galego-portuguesa. O volume, escrito en italiano e pensado para recepción dende ese idioma, sae agora do prelo nunha nova versión adaptada para o público galego coa colaboración de Mariña Arbor

Henrique Monteagudo participa na apertura do semestre dedicado ao galego na Universidade de Viena

4/11/19 |
O secretario da Academia impartiu un relatorio sobre a evolución da lingua nas últimas catro décadas e os desafíos de futuro

Pilar Pallarés acada o Premio Nacional de Poesía con 'Tempo fósil'

31/10/19 |
O xurado do galardón do Ministerio de Cultura recoñece o seu último libro de poemas por transmitir con "profunda sabedoría e emoción" a experiencia da perda e da destrución do vivido

'Notas compostelás' recupera dous textos de Antonio Fraguas relacionados con Santiago

31/10/19 |
O volume editado polo Consorcio de Santiago e Galaxia rescata dous artigos do protagonista das Letras Galegas 2019 sobre a a historia da vida universitaria e a Sociedade Amigos da Arte da cidade

'Toponimízate' chega a Mazaricos, Manzaneda e Ribadavia

30/10/19 |
Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica, falaralles aos veciños e veciñas da orixe e o significado dos nomes dos seus concellos, parroquias e aldeas

Xosé M. Núñez Seixas gaña o Premio Nacional de Ensaio

29/10/19 |
O historiador faise co galardón pola súa obra 'Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018'. O xurado destaca o esforzo de síntese, a claridade expositiva e o rigor do traballo

O Simposio Antonio Fraguas profunda no legado do protagonista das Letras Galegas 2019 con tres xornadas entre A Coruña e Santiago

24/10/19 |
A Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas colaboran na organización do encontro que lle porá o ramo á celebración do Día das Letras Galegas 2019 os vindeiros 26, 27 e 28 de novembro

Un manual de bibliotecas do século XVIII para celebrar o seu día

24/10/19 |
A biblioteca da Academia conserva unha curiosa obra de 1759 sobre o modo de ordenar e compoñer unha biblioteca, escrita por un monxe bieito alemán que foi bibliotecario en varias abadías. O volume pertence á biblioteca particular de Emilia Pardo Bazán

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 10 de decembro de 2019 / 18:30 h
Achegamento á literatura de Urbano Lugrís González
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h
Charla da campaña Toponimízate nas Neves
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h
Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén

Novas da Academia

Subscríbete