Simposio Carballo Calero

Xoves, 29 de outubro de 2020 - 19:00 horas

Ver emisión
en directo

Un manuscrito ateigado de historia

28/04/20 |
Dende o primeiro poboamento da terra galega por un fillo de Noé ata a chegada dos suevos, o manuscrito da 'Historia de Galicia' de Benito Vázquez conservado no arquivo da RAG ofrece unha visión do pasado dende a ollada dun escritor do s. XVII onde os protagonistas son os reis e os santos da Galicia antiga

"Carvalho Calero é un autor moi complexo, moi moderno, un pouco afastado das modas, un clásico"

27/04/20 |
Henrique Rabuñal asina 'Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra', unha biografía que achega o gran público ao protagonista das Letras Galegas 2020 inspirada na estrutura da súa novela 'Scórpio'. O escritor e crítico literario valora nesta entrevista a súa obra e lembra a pegada que deixou na súa xeración

A biblioteca da Real Academia Galega estrea micrositio en Galiciana

23/04/20 |
O espazo facilita navegar polos andeis dixitais da biblioteca da RAG, con acceso a máis de 800 títulos do século XIX. A institución convida o público a descubrir esta fiestra virtual aos seus fondos nun Día Internacional do Libro marcado polo confinamento

Máis de 750 microrrelatos optan aos premios da RAG e PuntoGal

22/04/20 |
A resolución do xurado adiáse ata a primeira semana do mes de xuño. Máis de 400 persoas participaron na categoría de adultos. A modalidade xuvenil suma 232 contos e a infantil outros 120

A XXXIII edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras" suspéndese pola pandemia de coronavirus

22/04/20 |
A decisión adóptase pensando ante todo na seguridade e na saúde do alumnado e tendo en conta a incerteza que persiste sobre a posibilidade de desenvolver docencia presencial no mes de xullo de 2020

"A liña trazada polo verso e a lírica é a que nos aproxima máis ao centro vital de Carballo Calero"

22/04/20 |
A escritora e crítica literaria Carmen Blanco lembra o perfil humano e literario do protagonista do Día das Letras Galegas 2020, a quen coñeceu desde nena no Colexio Fingoi. As súas 'Conversas con Ricardo Carballo Calero' volven ás librarías tres décadas despois

A Real Academia Galega lamenta o pasamento de Luz Pozo Garza

20/04/20 |
A académica, membro da institución dende 1950, faleceu hoxe na Coruña aos 97 anos de idade. Renovadora na forma e na temática, a súa foi unha das voces esenciais da poesía galega dende a segunda metade do século XX

O Portal das Palabras inicia unha serie de contidos sobre Carballo Calero

17/04/20 |
A web de divulgación do léxico galego abre co teatro a súa homenaxe ao protagonista do Día das Letras Galegas 2020

O tapiz do salón de actos da Academia e o precursor da declaración dos dereitos humanos

14/04/20 |
O pano de fondo do salón de actos da Real Academia pertenceu a Emilia Pardo Bazán. Descoñécese como chegou ás súas mans e onde foi fabricado, pero a historia que narra, a liberación do pobo xudeu por parte de Ciro II, hai máis de dous mil cincocentos anos, é ben coñecida

A Real Academia Galega traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro

8/04/20 |
O acto posponse ante a incerteza provocada pola COVID-19. Cadrará cos 110 anos do nacemento de Ricardo Carballo Calero. A RAG intensificará a divulgación da súa figura na Rede e desprazará outros actos que non poidan celebrarse nestas datas ata o primeiro trimestre do novo curso académico
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 29 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo
Carvalho Calero - Ideas e achegas ao idioma
Sábado 31 de outubro de 2020 / 12:00 h
Pleno extraordinario do Día das Letras Galegas
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete