A RAG participa no Día do Galego no Bierzo

23/03/20 |
A xornada incluíu actividades en Vilafranca do Bierzo, Cacabelos e Corullón. O membro correspondente Héctor Silveiro participou en representación da Academia. Unha mesa de debate repasou as accións promovidas a prol do galego no Bierzo por parte de distintas entidades

A RAG e a Academia Brasileira de Letras dialogan no espazo virtual para facer fronte á corentena

23/03/20 |
O presidente Víctor F. Freixanes participa na campaña #ABLemSuaCasa e o seu homólogo brasileiro responde á Academia con outra mensaxe de solidariedade e veciñanza

Cinco datos sobre 'Nós', a revista que modernizou a cultura galega

23/03/20 |
A biblioteca da Academia conserva unha colección orixinal case completa da publicación. Repasamos algúns dos seus fitos no centenario do seu nacemento

A Real Academia Galega pecha temporalmente os servizos presenciais en cumprimento das medidas de prevención do contaxio do coronavirus

12/03/20 |
A biblioteca, a hemeroteca, o arquivo e os demais departamentos seguirán a atender todas as xestións e consultas dos usuarios e usuarias que poidan resolverse por medios dixitais

A RAG ofrece máis de 150 publicacións periódicas históricas en liña tras as últimas dixitalizacións

11/03/20 |
'O Tío Marcos d’a Portela', o primeiro periódico en galego cunha tiraxe regular, a revista infantil 'As Roladas', promovida por Cabanillas, e publicación da emigración figuran entre as novas incorporacións. Son en total 75 títulos e preto de 140.000 páxinas de acceso libre a través de Galiciana

A Academia congratúlase pola decisión do Concello de Ribeira de asumir o topónimo lexítimo

4/03/20 |
A corporación municipal asume por unanimidade a forma orixinal, con be, documentada dende o século XIV, tras un informe emitido pola RAG a pedimento da alcaldía

"Os temas que presentan as estampas de 'Nós' son galegos, pero a lección que predican é universal"

3/03/20 |
O historiador Miguel Anxo Seixas presentou na Real Academia Galega a súa biografía de Castelao xusto cen anos despois da inauguración da primeira mostra duns debuxos cheos de crítica social e talento creativo

A Casa grande de Arcadio López-Casanova

2/03/20 |
O académico de honra salda unha débeda consigo mesmo e os seus seres queridos no seu último poemario, marcado pola vivencia do tempo demoucador

Miguel Anxo Seixas Seoane presenta na Academia a súa biografía de Castelao

27/02/20 |
O historiador falará o luns 2 de marzo da obra baseada na súa tese de doutoramento, a achega máis completa sobre a figura do intelectual de Rianxo
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete