O IES de Cotobade constitúe unha nova Sociedade da Lingua para defender o futuro do idioma

13/05/19 |
O instituto do concello onde naceu o protagonista do Día das Letras Galegas recorda a iniciativa que este impulsara en 1924 cos seus compañeiros de bacharelato e anima as familias a transmitirlles aos fillos e fillas o idioma propio

Exalumnos de Fraguas visibilizan o legado do seu paso por Lugo

13/05/19 |
Unha páxina web, un libro e unha exposición itinerante recordan os nove anos que viviu, na década dos 50, nesta cidade. O proxecto recolle testemuños de amigos do profesor e de antigos estudantes do antigo Instituto Masculino, o actual IES Lucus Augusti

"Fraguas foi un militante galeguista moi activo ata o 36"

10/05/19 |
O historiador Justo Beramendi, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, recorda a incorporación do etnógrafo a esta institución e outros momentos moito menos coñecidos da súa biografía: os anos de compromiso político antes da guerra civil e a represión que sufriu

A RAG celebrará o pleno do 17 de maio ao pé da escola onde estudou Antonio Fraguas

9/05/19 |
A sesión do Día das Letras Galegas, aberta ao público, desenvolverase na carballeira de Famelga, en Cerdedo-Cotobade, a partir das 11:30 horas. Clodio González, Fina Casalderrey e Francisco Díaz-Fierros Viqueira ofrecerán alocucións sobre distintos aspectos da vida e da obra do homenaxeado

O discurso de ingreso de Fraguas na Academia, dixitalizado nunha edición especial

7/05/19 |
O etnógrafo ocupou a cadeira que fora de Castelao o 8 de maio de 1956 cun texto dedicado ás coplas populares de Cotobade. Ramón Otero Pedrayo pronunciou o discurso de benvida. A RAG comparte na Rede os documentos orixinais de ambas as intervencións e unha versión adaptada ás Normas

"Antonio Fraguas teceu unha rede de persoas para recoller patrimonio inmaterial de distintos puntos de Galicia"

6/05/19 |
Malores Villanueva indaga na correspondencia do etnógrafo e incorpora testemuños da veciñanza de Cotobade que o coñeceu de novo na biografía 'Antonio Fraguas. Mestre da memoria', publicada por Galaxia

Unha ducia de actividades interactivas e fichas descargables sobre o universo Fraguas

4/05/19 |
Primavera das Letras profunda na súa vida e obra e achega os nenos e nenas á cultura popular. Romarías, cantigas, o traxe ou os oficios tradicionais contan con contidos específicos. Outros detéñense en Cotobade, Compostela ou o Museo do Pobo Galego

"Fálolles aos rapaces de Antonio Fraguas, pero tamén moito da época que lle tocou vivir"

26/04/19 |
Héctor Cajaraville achega o público máis novo ao protagonista do Día das Letras Galegas en ‘Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo’. "Aínda que non o pareza, tivo una vida de novela", salienta o escritor. A biografía ve a luz na colección Merlín de Xerais

A biblioteca lembra os 70 anos da 'Exposición Cultural Gallega' da Habana co gallo do Día do Libro

23/04/19 |
A exposición foi organizada pola asociación que apoiou desde Cuba a creación da Academia co obxectivo de divulgar a produción literaria galega á outra beira do Atlántico. A RAG participou na mostra co primeiro Dicionario, interrompido na voz “cativo”, e o 'Boletín'

A Academia e PuntoGal premian nove relatos de autoras e autores de todas as idades entre case 500 propostas

22/04/19 |
Jessica Rodríguez, veciña de Mesía, o coruñés Óscar Fernández Freire e a compostelá Claudia Martínez Asenjo fanse cos primeiros premios nas modalidades de adultos, xuvenil e infantil. O xurado tamén recoñece os textos de Alba Díaz Mera, Pablo Mirás, Martina Lois Cuns, Cristina Fojo, Ángela Arnosa e Eduardo Cameselle
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete