Berta Dávila gaña o Premio Narrativa Breve Repsol con 'Illa decepción'

30/09/20 |
A autora faise por segunda vez con este galardón tras acadalo en 2013 coa novela 'O derradeiro libro de Emma Olsen'

O Simposio Ricardo Carballo Calero profunda no tempo e no legado do protagonista das Letras Galegas 2020

25/09/20 |
Unha ducia de voces expertas profundarán na súa vida e obra os xoves 8, 15, 22 e 29 de outubro. As sesións terán lugar na sede da institución e poderán seguirse en directo dende academia.gal

Galicia Nomeada achégase aos 20.000 topónimos rexistrados nos nove primeiros meses de vida

21/09/20 |
Máis de 6.500 microtopónimos de leiras, devesas ou fontes foron incluídos na aplicación colaborativa dende marzo malia os atrancos derivados da pandemia. O proxecto conta xa con preto de 1.300 persoas colaboradoras en todo o país

A mostra 'Carvalho Calero. A voz presente' chega á Coruña

18/09/20 |
O presidente da RAG participou na inauguración da exposición organizada pola AGAL na biblioteca González Garcés. En outubro poderá verse en Santiago, na Ánxel Casal, e en Pontevedra, na Antonio Odriozola

As homenaxes a Carballo Calero continúan ao longo de outubro

15/09/20 |
A sede da institución acollerá os xoves 8, 15, 22 e 29 de outubro o simposio dedicado ao protagonista do Día das Letras Galegas. O acto académico conmemorativo do Día das Letras Galegas celebrarase o 31 de outubro en Ferrol, cidade natal do profesor

A RAG celebra a sentenza que obriga a devolver as Torres de Meirás ao patrimonio público

3/09/20 |
A institución, que conserva boa parte do legado de Emilia Pardo Bazán, reivindica a consideración de BIC para o importante fondo bibliográfico da escritora e ultima o inventario dos tres mil volumes que continúan no pazo

Cambados recorda os cen anos do ingreso de Cabanillas na Academia

3/09/20 |
O académico Francisco Fernández Rei participou no acto celebrado no concello natal do poeta volvendo ao seu discurso de entrada na RAG. Cabanillas foi recibido na institución en 1920 nunha cerimonia no balneario de Mondariz

A Deputación da Coruña apoia a actividade da RAG

2/09/20 |
Os presidentes de ambas as institucións asinan o convenio de colaboración que achega 60.000 euros para o desenvolvemento de distintos proxectos

O Seminario de Sociolingüística participa no congreso de Antropólogos Iberoamericanos en Rede

30/07/20 |
Gabino Vázquez Grandío avanza no encontro achegas do proxecto sobre as actitudes lingüísticas na mocidade galega. O antropólogo analizounas dende a etnografía partindo do caso de dous centros escolares da provincia de Lugo

O Dicionario segue a incorporar voces da pandemia e engade novas acepcións de 'gromo' e 'repunta'

28/07/20 |
A entrada de 'gromo' incorpora o significado de aparición súbita dunha enfermidade epidémica nun lugar determinado e a de 'repunta', o de nova aparición de algo, especialmente dunha enfermidade epidémica nun lugar en que xa estaba controlada. 'Polimerase', 'triaxe' ou 'gotícula' entran tamén no Dicionario
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete