Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Úrsula
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Diminutivo feminino do latín Ursus 'oso' (un dos numerosos nomes persoais tirados de nomes de animais), isto é, 'osiña'.
Motivación
A biografía de santa Úrsula, completamente lendaria, tivo moita difusión na Idade Media. Era ela filla dun rei de Britania e desprazárase ao continente para casar cun rei pagán, Conan da Bretaña, que prometera converterse ao cristianismo. Embarcou acompañada de dez doncelas nobres, e cada unha levaba unha compaña de mil virxes; once mil en total. A numerosa comitiva foi de peregrinación a Roma, onde o papa casou os noivos; outras versións din que a visita ao papa era para salvagardar a súa virxindade. De volta pasaron por Colonia (Alemaña), onde foron masacradas polos hunos de Átila a frechazos. Considérase que a lenda do martirio das once mil virxes é a versión en feminino do masacre da Lexión Tebana de san Mauricio, que tamén conta con innumerables mártires. Santa Úrsula é patroa de Colonia.
O martirio de santa Úrsula coas súas acompañantes foi tema para pintores famosos, como o flamengo Hans Memling, que decorou en 1489 unha arqueta-relicario cos seus restos; Vittore Carpaccio (tamén a finais do século XV), italiano; Peter Paul Rubens (século XVII), flamengo; Claude Lorrain (século XVII), francés.
Chamáronse así
A heroína Ursule Mirouët, que deu título a unha novela do ciclo A comedia humana (1841) de Balzac.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Ursula | |
| Catalán | Úrsula | |
| Español | Úrsula | |
| Éuscaro | Urtsula | |
| Francés | Ursule | |
| Holandés | Ursula | |
| Inglés | Ursula | |
| Italiano | Orsola | |
| Polaco | Urszula | |
| Portugués | Úrsula |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




