Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Xeremías
masculino
Nome bíblico
Etimoloxía e historia
A través do latín Ieremias, e este do grego Ieremías, procedentes do hebreo Yermeyah, de interpretación incerta: posiblemente de yarim 'erguer, levantar' e Yah, abreviatura de Iavé: 'Deus ergueu, elevou'.
Motivación
Na Biblia, Xeremías (c. 650 - c. 585 a. C.) foi un dos catro profetas maiores de Israel. Mostrábase pesimista pola situación política do seu país, consciente da debilidade do reino. Debido a isto, aconselloulles aos seus reis a ruptura da alianza con Exipto e a submisión aos monarcas babilónicos, máis poderosos. O tempo daríalle a razón e Xerusalén sería conquistada por Nabucodonosor (585 a. C.), que destruíu o templo e levou consigo como escravos milleiros de xudeus —foi a catividade de Babilonia—, entre eles Xeremías, que ao cabo dun tempo sería posto en liberdade, polo que moitos compatriotas o consideraron un traidor e o lapidaron.
Chamáronse así
O filósofo Jeremy Bentham (1748-1832), pai do utilitarismo inglés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Jeremias | |
Catalán | Jeremies | |
Español | Jeremías | |
Éuscaro | Jeremias | |
Jeremi | ||
Francés | Jérémie | Jeremy |
Inglés | Jeremy | |
Jeremiah | ||
Italiano | Geremia | |
Portugués | Jeremías | |
Romanés | Ieremia |
Antes e despois de Xeremías
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]