Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Sexismundo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
De orixe xermánica, composto polos elementos góticos sigis 'vitoria' e mund 'man; protección'.
Motivación
San Sexismundo (séculos V-VI) era rei de Borgoña, de relixión ariana. Apostatou desta relixión e pasouse á ortodoxia cristiá, razón polo cal os seus súbditos o destronaron e entregaron ao franco Clodomiro, que o matou. Nos seus últimos anos levara unha vida de penitencia arrepentido por matar o seu fillo Siderico.
Chamábase así o protagonista do drama La vida es sueño (1635), do madrileño Pedro Calderón de la Barca, e outro d’A valquiria, segunda ópera da triloxía O anel dos nibelungos (c. 1870), de Wagner.
Chamáronse así
Ademais dun emperador da Alemaña e de varios reis de Polonia, levou este nome o médico neurólogo austríaco de orixe xudía Sigmund Freud (1856-1939), creador da psicanálise.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Siegmund | |
| Sigmund | ||
| Sigismund | ||
| Catalán | Segimon | |
| Español | Segismundo | |
| Éuscaro | Sigismundo | |
| Francés | Sigismond | |
| Inglés | Sigismund | |
| Italiano | Sigismondo | |
| Polaco | Zygmunt | |
| Portugués | Seguimundo | |
| Sigismundo |
Antes e despois de Sexismundo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




