Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Restituto, Restituta
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome cristián-romano, do latín Restitutus 'restituído', aludindo á graza outorgada polos sacramentos.
Motivación
San Restituto (século I) chamábase en realidade Sidonio. A tradición di que nacera cego e que o curou Xesús, e, como se lle restituíu a vista, el cambiou o nome.
Santa Restituta (século III) foi unha virxe e mártir no norte de África, condenada a ser queimada viva nunha barca chea de pez e xofre. O seu cadáver calcinado chegou a Nápoles, onde se venera.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Restitut | Restituta |
Español | Restituto | Restituta |
Éuscaro | Erresti | |
Portugués | Restituto | Restituta |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Restituto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]