Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Maia
feminino
Pronuncia
Maia:
Etimoloxía e historia
Este nome feminino pode ter distintas procedencias. Por unha banda, pode vir do grego maîa ‘boa nai, nai adoptiva, nai de crianza’; na mitoloxía grecorromana era a máis vella das Pléiades, o grupo das sete estrelas na constelación Taurus. Tamén é topónimo no País Vasco e en Navarra, con orixe seguramente nun antigo hidrónimo indoeuropeo. E, finalmente, na tradición budista é o nome da nai de Siddharta Gautama (Buda) e significa ‘ilusión’ en sánscrito.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Maja | |
| Español | Maya | |
| Éuscaro | Maia | |
| Francés | Maïa | |
| Inglés | Maya | |
| Portugués | Maia | |
| Sueco | Maja |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Maia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




