Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Eusebio, Eusebia
Nome cristián
Pronuncia
                            Eusebio:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                        
                            Eusebia:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Hipocorísticos
Másculinos Sebio, Sebo
Etimoloxía e historia
Do grego Eusébios a través do latino Eusebius, derivado de eusebḗs, á súa vez formado por eû 'ben', e o verbo sébein 'venerar, honrar (os deuses)'. Significaba 'respectuoso cos maiores e cos deuses'. Polo tanto, significa o mesmo ca o latino Pío. Do nome medieval, a través do xenitivo Eusebii, procede o topónimo Osebe.
Motivación
Houbo varios santos con este nome: un de Roma (século III), mártir; outro grego, que foi papa (309-311); outro sardo (século IV), bispo de Vercelli.
Entre as santas temos unha mártir en Bérgamo, do século III, e outra abadesa en Marsella.
Houbo tamén un escritor grego cristián de sona: Eusebio de Cesarea (séculos III-IV).
Chamáronse así
En Galicia, o empresario e filántropo coruñés Eusebio da Guarda (1825-1897) e o poeta, natural de Laíño (Dodro), Eusebio Lorenzo Baleirón (1962-1986).
No mundo do deporte, foi moi popular nas décadas de 1960 e 1970 o futbolista portugués, nacido en Mozambique, Eusébio da Silva Ferreira (1942-2014), un dos dez mellores do mundo do século XX.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Alemán | Eusebius | Eusebia | 
| Eusebius | ||
| Catalán | Eusebi | |
| Español | Eusebio | Eusebia | 
| Éuscaro | Eusebio | |
| Eusebi | ||
| Francés | Eusèbe | |
| Inglés | Eusebius | |
| Italiano | Eusebio | |
| Portugués | Eusébio | Eusébia | 
| Romanés | Eusebiu | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Eusebio
        
        
        
    Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]
 
 




