Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Estela
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Estela:
Etimoloxía e historia
Nome cristián procedente dunha advocación da Virxe María nas ladaíñas: Stella matutina 'estrela da mañá', aínda que é posible que teña raíces máis antigas, se pensamos en nomes como Stellus (que xa aparece en Plutarco) e Stella e que inicialmente entre cristiáns foi un nome místico que aludía á estrela que guiou os Magos a Belén.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Alemán | Stella | |
| Catalán | Estela | |
| Español | Estela | |
| Francés | Estelle | |
| Inglés | Stella | |
| Italiano | Stella | |
| Portugués | Estela | |
| Romanés | Stela | |
| Ruso | Stela |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Estela
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




