Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Diana
feminino
Nome mitolóxico
Pronuncia
                            Diana:
                            
                                
                                    
                                
                            
                        
                    
                    Etimoloxía e historia
Do latín Diana, nome dunha deusa moi popular en Roma, identificada coa Artemisa grega, que presidía a caza e simbolizaba a Lúa. O nome ten a mesma raíz ca o latino dius 'celeste, divino; luminoso'.
Motivación
Diana foi unha deusa da mitoloxía romana —correspondente á Artemisa grega, filla de Zeus e de Leto—, irmá xemelga de Apolo. Era a deusa dos bosques e da caza, e tamén protectora das amazonas, mulleres guerreiras coma ela.
O nome utilizábase en Roma, pero o cristianismo primitivo rexeitouno. A primeira santa con este nome é do século XIII, en que se documenta a existencia da beata dominicana Diana degli Andalò, fundadora dun convento en Boloña (Italia).
No século XV, o Renacemento puxo en circulación este e outros nomes clásicos como Xulio, César, Aquiles etc.
Chamáronse así
Diana de Poitiers (século XVI) foi unha famosa favorita de Henrique II de Francia.
Nos tempos actuais tivo gran sona a inglesa Diana Spencer (1961-1997), princesa de Gales a raíz do seu matrimonio en 1981 con Carlos, herdeiro da coroa británica, con quen tivo dous fillos.
Equivalencias noutras linguas
| Idioma | Masculino | Feminino | 
|---|---|---|
| Alemán | Diane | |
| Diana | ||
| Catalán | Diana | |
| Español | Diana | |
| Éuscaro | Diana | |
| Francés | Diane | |
| Inglés | Diane | |
| Diana | ||
| Italiano | Diana | |
| Portugués | Diana | |
| Romanés | Diana | 
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
        Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
	Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]




