Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
André, Andrea
Nome cristián
Pronuncia
André:
Andrea:
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Nes, Neso, Necho
Etimoloxía e historia
Do grego Andréas. Uns explícano como derivado de andreía 'virilidade, valor', outros como a redución cariñosa dalgún nome composto de andr 'home', 'varón' (como Andrócles, Andrómachos). A forma Andreu consérvase como apelido.
Motivación
Santo André é un dos doce apóstolos de Cristo, irmán de san Pedro. Segundo a tradición, evanxelizou a Escitia (na actual Rusia), apostolado non confirmado, aínda que se admite que estivo na banda oeste do mar Negro. Morreu crucificado nunha cruz en forma de aspa, o atributo persoal da súa iconografía. A cruz de santo André, en aspa de cor branca sobre fondo azul, é o motivo principal da bandeira de Escocia. O santuario de Santo André de Teixido, preto do cabo Ortegal, é un dos de maior peregrinación espontánea dos crentes galegos, pois, segundo a tradición, é de obriga visitalo polo menos unha vez na vida, tal como se vaticina no famoso dito popular: “A santo André de Teixido vai de morto o que non foi de vivo”.
Chamáronse así
Os músicos Andrés Gaos Berea (1874-1959) e Andrés Luis Gaos Guillochón (1932); o arquiveiro, editor e filólogo Andrés Martínez Salazar (Astorga 1846 - A Coruña 1923); o arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois (1924-2019) e o cantautor ferrolán Andrés do Barro (1947-1990).
Os pintores italianos Andrea di Cione ‘Verrocchio’ (século XV) e Andrea del Sarto (século XVI); os escritores franceses André Gide (séculos XIX-XX), André Breton e André Malraux (século XX); o guitarrista español Andrés Segovia (1893-1987) e o físico ruso Andrei Sakharov (1921-1989).
Andrea Dworkin (1946-2005), ensaísta estadounidense, teórica do feminismo radical.
Andrea López Chao, nada en Mondoñedo en data descoñecida do século XIX, foi unha mestra galega na emigración cubana que chegou a ser presidenta do Centro Galego da Habana.
Lou Andreas-Salomé (nacida como Louise von Salomé), nada en San Petersburgo en 1861 e finada en Göttingen en 1937, foi unha intelectual ruso-alemá, amiga de Rilke e de Freud.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Andreas | Andrea |
Bretón | Andreo | Andrea |
Andrev | ||
Catalán | Andrea | |
Andreu | Andreua | |
Español | Andresa | |
Andrés | Andrea | |
Éuscaro | Andres | |
Andore | Andere | |
Ander | Andrea | |
Flamenco | Andries | |
Francés | André | Andrée |
Inglés | Andrina | |
Andy (hip.) | ||
Andrew | Andrea | |
Italiano | Andrea | Andreina |
Portugués | Andrés | Andresa |
Andreu | ||
André | Andreia | |
Ruso | Andreï |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de André
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]