Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Francisco Ponte y Blanco A Coruña, 08/07/1853 23/09/1921 Francisco Tettamancy y Gastón, Florencio Vaamonde Lores e Uxío Carré Aldao Breves consideraciones acerca del arte y de los estilos, a través de las civilizaciones Manuel Amor Meilán Margarita Ledo Andión (07/02/2009 - ) Miguel Anxo Araúxo Iglesias (30/05/1980 - 22/07/2007) Ramón Otero Pedrayo (09/12/1929 - 10/04/1976) Francisco Ponte y Blanco (23/09/1921 - 20/07/1926) José Pérez Ballesteros (04/09/1905 - 30/10/1918) Presidente (31/03/1924 - 23/08/1926) Tesoureiro (12/05/1923 - 31/03/1924) Víctor Fernández Freixanes (28/03/2017 - Actualidade) Xesús Alonso Montero (20/04/2013 - 17/03/2017) Xosé Luís Méndez Ferrín (23/01/2010 - 13/03/2013) Xosé Ramón Barreiro Fernández (20/12/2001 - 22/01/2010) Francisco Fernández del Riego (29/11/1997 - 29/11/2001) Domingo García-Sabell Rivas (06/11/1977 - 29/06/1997) Sebastián Martínez-Risco y Macías (09/10/1960 - 24/09/1977) Manuel Casás Fernández (15/10/1944 - 30/07/1960) Eladio Rodríguez González (19/06/1944 - 15/10/1944) Manuel Casás Fernández (13/12/1942 - 19/06/1944) Manuel Lugrís Freire (28/05/1934 - 20/08/1935) Eladio Rodríguez González (20/11/1926 - 04/03/1934) Francisco Ponte y Blanco (31/03/1924 - 23/08/1926) Andrés Martínez Salazar (12/05/1923 - 06/10/1923) Manuel Martínez Murguía (04/09/1905 - 02/02/1923) Naceu na Coruña o 8 de xullo de 1853 e morreu na mesma cidade o 22 de xullo de 1926. Foi un enxeñeiro e publicista que desempeñou o cargo de alcalde na cidade da Coruña. Tamén foi membro da Real Academia Galega e o seu presidente. Durante a súa mocidade, foi un dos socios fundadores do Centro Gallego da Habana, cidade na que residía, e profesor, de maneira altruísta, no mesmo. No seu regreso á Coruña, sendo aínda mozo, ocupou diversos e importantes cargos como a presidencia da Asociación da Prensa, da Sociedade Filarmónica, do Círculo de Artesanos e da Cooperativa Civil e Militar. Asemade, durante un breve período de tempo (do 18 de xaneiro ao 1º de outubro de 1923) desempeñou a alcaldía da cidade como representante do Goberno de García Prieto, previa chegada da ditadura do xeneral Primo de Rivera. O 23 de setembro de 1921 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Francisco Tettamancy y Gastón, Florencio Vaamonde Lores e Uxío Carré Aldao. Desempeñou o cargo de tesoureiro desde o 12 de xuño de 1923 ata o 31 de marzo de 1924 e o de presidente desde o 31 de marzo de 1924 ata o 23 de agosto de 1926, sucedendo nesta función a Andrés Martínez Salazar. Ponte Blanco contribuíu tamén á fundación do Patronato de la Caridad e desenvolveu un frutífero labor na Xunta Provincial de Protección da Infancia. Posuía a Cruz de Alfonso XII e da Encomenda de número da Orden Civil del Mérito Agrícola. Trala súa morte, a Sociedad Filarmónica, no seu desexo de perpetuar a memoria do que fora o seu presidente, tomou a iniciativa de crear o premio Francisco Ponte y Blanco dedicado á promoción da cultura musical. É autor das seguintes publicacións exentas: |