Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Miguel Anxo Araúxo Iglesias Sabadelle, Pereiro de Aguiar, Ourense, 10/01/1920 30/05/1980 Isidoro Millán González-Pardo, Sebastián Martínez Risco e Manuel Chamoso Lamas A Igrexa de Mondoñedo nas súas sinodais. Mondoñedo, 1980. Ramón Piñeiro López Margarita Ledo Andión (07/02/2009 - ) Miguel Anxo Araúxo Iglesias (30/05/1980 - 22/07/2007) Ramón Otero Pedrayo (09/12/1929 - 10/04/1976) Francisco Ponte y Blanco (23/09/1921 - 20/07/1926) José Pérez Ballesteros (04/09/1905 - 30/10/1918) Miguel Anxo Araúxo Iglesias (Sabadelle-Pereiro de Aguiar, 1920; Ourense, 22 de xullo de 2007) iniciou os seus estudos no Instituto Nacional de Ensino Medio de Ourense e en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde, despois de rematar o bacharelato, obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Durante vinte e cinco anos exerceu o ministerio sacerdotal na cidade das Burgas, como profesor de Teoloxía do Seminario diocesano desa cidade e como reitor desde 1956 a 1966. O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese Mondoñedo-Ferrol, na catedral de Ourense, cerimonia presidida polo cardeal de Santiago de Compostela, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado, por primeira vez na historia da igrexa galega, en galego. O día 13 deste mesmo mes fixo a súa entrada oficial na Sé Episcopal de Mondoñedo e sete anos despois na Concatedral de Ferrol. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada. Foi un home moi comprometido coa súa misión pastoral, que desenvolveu sempre que puido en contacto moi directo coa xente e os lugares da súa diocese. O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, co discurso que leva por título: A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais; e a quen contestou en nome da institución Ramón Piñeiro. A preocupación de monseñor Araúxo pola lingua e a cultura galegas levouno a presidir a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión ao galego dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Foi consiliario de diversos movementos de Acción Católica, delegado diocesano do Apostolado Seglar, delegado diocesano do Clero e de Misións e membro das comisións episcopais de Apostolado Seglar, Medios de comunicación social e Migración da Conferencia Episcopal Española. O seu maxisterio pastoral escrito é moi abondoso e xira permanentemente arredor da problemática de Galicia e dos galegos; a emigración, o mundo rural, o paro obreiro, os accidentes laborais, etc., están presentes na maior parte da súas publicacións. Publicou diversas pastorais no Boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián entre os que destacan: A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega(1975); Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987);Palabras para os amigos (1989); Escritos pastorais (1990); Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil); Memoria de vida (1993); Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996). Colaborou con certa frecuencia en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou a Revista de estudios Mindonienses. Posúe diversos premios e galardóns como o Pedrón de Ouro, que lle foi concedido en 1977, en 1988 recibiu a medalla Castelao, un ano despois o premio Trasalba e en 1992 o Grelo de Ouro. |
Axenda de actos Ver todos |
Xoves 5 de decembro de 2019 / 19:00 h Charla de Toponimízate - Casa da cultura de Noia |
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel |
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade |
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén |
Boletín da Real Academia Galega
nº 379
Cadernos de Lingua
nº 36
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega