Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Andrés Fernández-Albalat Lois
A Coruña, 23/06/1924


28/05/1999


Domingo García-Sabell Rivas, Mariño Dónega Rozas e Francisco Vales Villamarín


Significado e significante, linguaxe e arquitectura




Carlos Casares Mouriño


Andrés Fernández-Albalat Lois (28/05/1999 - )
Salustiano Portela Pazos (27/07/1941 - 03/05/1976)
Félix Estrada Catoyra (08/08/1921 - 14/03/1938)
Marcial Miguel de la Iglesia y Vázquez (04/09/1905 - 14/08/1918)


Tesoureiro (20/12/2001 - 18/12/2009)


Marilar Aleixandre (28/03/2017 - Actualidade)
Rosario Álvarez Blanco (20/04/2013 - 17/03/2017)
Manuel González González (23/01/2010 - 20/04/2013)
Andrés Fernández-Albalat Lois (20/12/2001 - 18/12/2009)
Xosé Ramón Barreiro Fernández (29/11/1997 - 29/11/2001)
Antonio Meijide Pardo (26/06/1983 - 01/06/1997)
Marino Dónega Rozas (26/12/1976 - 20/03/1983)
Leandro Carré Alvarellos (19/06/1951 - 14/02/1976)
Ángel del Castillo López (15/10/1944 - 19/04/1951)
Manuel Banet Fontenla (19/06/1944 - 15/10/1944)
Ángel del Castillo López (13/12/1942 - 19/06/1944)
Félix Estrada Catoyra (30/06/1924 - 14/03/1938)
Francisco Ponte y Blanco (12/05/1923 - 31/03/1924)
Andrés Martínez Salazar (02/10/1915 - 10/02/1923)
José Pérez Ballesteros (04/11/1905 - 02/11/1914)

Andrés Fernández-Albalat Lois (A Coruña, 1924), estudou o bacharelato na cidade herculina, dous cursos de Ciencias Exactas en Santiago de Compostela e na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid obtivo o título profesional en 1956. Durante o verán de 1955 foi pensionado, de pintura, cunha bolsa de viaxe en Italia.

Xa instalado na súacidade natal proxecta e dirixe numerosas edificacións de tipos e usos diversos. Como arquitecto participa nas casas acristaladas da avenida da Mariña da Coruña, nos grupos de vivendas de pescadores de Sada, na remodelación e restauración do santuario de Pastoriza, na fábrica de cerámica e sede do Laboratorio de Formas e Galicia en Sargadelos, na casa de exercicios de Lugo, no Edificio bancario de Pontevedra (que acadou o Diploma do Concello), na Casa-Museo de Rosalía, no conxunto escolar residencial da xuventude galega de Benquerencia en San Cosme de Barreiros, na Central hotofruticola de Galicia, na planta embotelladora de Coca-Cola, nas reformas da actual sede da Real Academia Galega, nas reformas da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, no Estadio de San Lázaro, etc.

Da súa incursión no eido do Urbanismo dan mostra os Plans parciais e xerais de san Pedro de Mezonzo ou a súa proposta da Cidade das Rías, unha área urbana de toda a costa comprendida entre Ferrol e A Coruña, coa intención de integrar a arquitectura e a vida na paisaxe.

Forma parte do Instituto Cornide de Estudios Coruñeses, do Laboratorio de Formas de Galicia, é membro do padroado do Museo do Pobo Galego, da Comisión técnica do Padroado Rosalía de Castro, da Academia Galega das Ciencias, da Real Academia de Belas Artes de San Fenando. É membro numerario da Real Academia Galega desde o 28 de maio de 1999, data en que leu o discurso Significante e significado. Linguaxe e arquitectura, que contestou en nome da institución Carlos Casares Mouriño.

Participou e participa con frecuencia en mesas redondas, xornadas e congresos relacionados coa súa actividade profesional. Publicou, diversos artigos sempre relacionados coa súa profesión entre os que podfemos salientar: "Una arquitectura regional al nivel de nuestro tiempo", presentada no IV Seminario de Deseño Nacional, en Sargadelos; "Urbanismo en Galicia", no Seminario de Estudios Urbanísticos" organizado pola Caixa Municipal de Aforros de Vigo; "Control del ruído y manejo de la acústica como elemento del espacio", nas Primeiras Xornadas Acústicas de Galicia.



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete