O Simposio Antonio Fraguas conclúe cunha reflexión sobre o estado da etnografía e da antropoloxía

29/11/19 |
O encontro remata no Museo do Pobo Galego con dúas mesas redondas que abordaron os vínculos entre Galicia e Portugal en ambas as dúas disciplinas

O Fraguas docente, xeógrafo e arqueólogo centra a segunda xornada do Simposio das Letras Galegas

28/11/19 |
Camiño Noia, alumna de don Antonio no Instituto Rosalía de Castro de Santiago, analizou a súa faceta como profesor. Francisco Durán e Valerià Paül profundaron no seu labor como xeógrafo e Pilar Prieto, Francisco Calo e Felipe Arias abordaron a situación da arqueoloxía antes e despois de Fraguas

Os Premios da Cultura recoñecen a traxectoria de Xesús Alonso Montero

27/11/19 |
O académico e expresidente da RAG foi galardoado na modalidade de Letras. Soledad Penalta, Monicreques de Kukas, Amancio Prada, a serie ‘O sabor das margaridas’, Pilar Ponte, a restauración do Pórtico da Gloria e ‘Galego en Londres’ tamén foron premiados

O Simposio Antonio Fraguas convida a reflexionar sobre as raíces populares da lingua e da cultura galegas

27/11/19 |
As coplas da terra natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2019, Cotobade, soan da man do gaiteiro Oscar Ibáñez na primeira xornada do encontro. María Xosé Fernández Cerviño trazou a biografía de Fraguas, Antonio Reigosa profundou na Galicia máxica que describiu e Francisco Díaz-Fierros achegou a súa ollada á paisaxe, avanzada ao seu tempo

Unha edición facsimilar recolle todos os manuscritos de Rosalía e a súa poesía completa

25/11/19 |
‘Rosalía de Castro: obra poética e manuscritos’ recompila tanto a poesía editada en libros e revistas como a inédita. Os textos reproducidos foron revisados polo académico Henrique Monteagudo. Marina Mayoral, membro de honra da RAG, encargouse de achegar o lector á obra da autora e ao seu contexto

A RAG lembra en Pontevedra a primeira colección que publicou en galego tras a guerra civil

24/11/19 |
A Academia celebra os 70 anos do nacemento da colección Benito Soto. O selo acubillou o primeiro libro de Manuel María, o único publicado en vida por Pimentel, títulos de Cunqueiro, Álvarez Blázquez ou Carballo Calero e a tradución de Celso Emilio Ferreiro ‘Musa alemá’, que bateu coa censura

Contratos de sociolingüística: persoas seleccionadas para realizaren a entrevista

22/11/19 |
As entrevistas terán lugar o luns 25 de novembro na sede da Real Academia Galega á hora indicada para cada aspirante

'Toponimízate' divulgará os nomes da terra en dezaseis localidades

21/11/19 |
A Real Academia Galega coordina unha nova edición da iniciativa en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O programa percorrerá as catro provincias galegas e chegará tamén ao Bierzo e a centros de día de maiores

Oxford escoita os novos versos de Chus Pato

19/11/19 |
A poeta leu os seus versos no Queen's College nunha sesión compartida coa tradutora Erin Moure. O público puido gozar de 'Un libre favor', o último título da académica ata o momento, e de 'Secesión'
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete