Unha praza para Emilia Pardo Bazán

11/04/19 |
O espazo, no interior de Marineda City, foi inaugurado no marco do acordo entre o centro comercial e a RAG, a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, para divulgar a figura e a obra da escritora

Terra Nomeada afonda en catro novos volumes en máis dun milleiro de topónimos

9/04/19 |
A serie promovida pola Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica conta con novos traballos dedicados a Ames, A Estrada, Trabada e Begonte e Rábade, dispoñibles en versión dixital na web da RAG

O presidente da RAG abre a Semana Cultural do IES Antonio Fraguas

8/04/19 |
O instituto compostelán dedícalle a celebración ao intelectual que lle dá nome, protagonista do Día das Letras Galegas deste ano. Tras o relatorio de Víctor F. Freixanes, plantouse unha árbore procedente da terra natal de Fraguas

Ana Romaní ingresa na Real Academia Galega reivindicando a escoita na creación poética e no xornalismo

6/04/19 |
“Pensar en galego vai moito máis alá da lingua de uso, supón unha perspectiva, unha posición, unha realidade. Somos idioma, non a súa tradución”, salientou no pleno celebrado en Noia. A nova académica ocupa a cadeira que foi antes de Xohana Torres, un referente para ela moi presente no seu discurso

'Toponimia de Ames' divulga a orixe e o significado de case 130 nomes de lugares

4/04/19 |
O novo libro da colección Terra Nomeada, asinado por Xosé Ramón López Boullón, explica dun xeito divulgativo a historia e os significados dos topónimos das parroquias e lugares e doutros 13 como o do val da Maía ou o monte Mar de Ovellas

Case 500 microrrelatos optan aos premios da RAG e PuntoGal

2/04/19 |
O xurado fará pública a resolución do concurso o luns 22 de abril, Véspera do Día do Libro. Ademais de repatir agasallos tecnolóxicos, as entidades convocantes publicarán os textos premiados na Rede e a revista 'Luzes', na súa edición en papel

A obra 'Toponimia de Ames' preséntase o 4 de abril en Bertamiráns

28/03/19 |
Xosé Ramón López Boullón asina o novo volume da colección Terra Nomeada, que presentará no Pazo da Peregrina acompañado polo presidente da RAG, o coordinador do Seminario de Onomástica da Academia, o alcalde e a concelleira de Normalización Lingüística de Ames e a presidenta da AGOn

Barriga Verde, o teatro popular e de resistencia simbólica que falou galego no franquismo

27/03/19 |
A investigadora Comba Campoi, o dramaturgo Manuel Lorenzo e o actor e profesor Santi Prego conversaron sobre o teatro popular de monicreques na posguerra nun acto organizado pola RAG e a Asociación Morreu o Demo na véspera do Día Mundial do Teatro

A RAG lamenta o pasamento do académico de honra Giuseppe Tavani

25/03/19 |
O catedrático emérito da Universidade de Roma La Sapienza era un dos grandes especialistas mundiais en lírica medieval galega e promotor activo do recoñecemento das nosas lingua e literatura contemporáneas

As 'Horas de Compostela' enchen de versos de Salvador García-Bodaño o Día da Poesía

22/03/19 |
Poetas de distintas idades e Miro Casabella puxéronlles voz a versos do académico na celebración do Día da Poesía. A RAG recolle os textos escolmados e comentados nunha 'plaquette' dispoñible en versión dixital
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete