Versos multilingües para Rosalía
11/07/19 |
O Colectivo de Poetas de Bruxelas dialoga coa escritora a través de poemas nos seus respectivos idiomas. A Fundación Rosalía recompílaos nun libro que tamén ofrece versos rosalianos en árabe, neerlandés, francés ou inglés. Os protagonistas agasallaron o alumnado de “Galego sen fronteiras” cun recital
"As cantigas medievais galegas son un dos maiores tesouros da música medieval europea"
11/07/19 |
A cantante e musicóloga polaca Paulina Ceremużyńska impartiu unha conferencia -concerto sobre os distintos tipos de cantigas
"A produción audiovisual incidiu tanto no prestixio social como na estandarización do idioma"
9/07/19 |
Antón Reixa abordou o impacto da aparición da televisión e do cine en galego na charla que impartiu nos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”
'Eidos', a revista escolar que debutou en 1976 cunha entrevista a Antonio Fraguas
8/07/19 |
O protagonista do 17 de maio defendía na publicación do Colexio La Salle de Santiago a calidade da lingua da xente do pobo e a importancia do ensino en galego, o idioma da revista. O número 2 recolleu un texto de Otero Pedrayo escrito días antes de morrer
O alumnado dos Cursos de lingua e cultura galegas coñece a Academia e a súa historia
4/07/19 |
O presidente repasou na conferencia inaugural as orixes e funcións da RAG e percorreu a historia do galego e os retos do futuro dun idioma instalado na modernidade
Estudantes de catro continentes inician tres semanas de inmersión lingüística nos Cursos Galego sen fronteiras
2/07/19 |
A nova edición dos cursos da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega arrinca en Santiago de Compostela. Antón Reixa, Quico Cadaval, Paulina Ceremuzynska, María Yáñez e Celso Fernández Sanmartín, entre os convidados no programa de palestras
O Premio Trasalba enxalza a voz poética de Luz Pozo Garza
1/07/19 |
A poeta e académica recolleuno na casa grande de Cimadevila (Amoeiro), recordando a amizade que mantivo con Otero Pedrayo. O xurado salienta a sensibilidade profunda da obra da autora, que este mes fará 97 anos
Unha biblioteca única con 70.000 volumes desde o século XVI
27/06/19 |
A directora da biblioteca da Academia, Ana María Menéndez, presentou a colección e os servizos que presta nun encontro celebrado en Santiago que xuntou a expertos de distintas institucións
O delegado do Goberno visita a RAG
25/06/19 |
Víctor F. Freixanes e Javier Losada conversaron sobre as necesidades da institución e a importancia de apoiar as linguas do Estado. A rehabilitación do edificio da rúa Tabernas foi un dos temas abordados na xuntanza que mantiveron
O Día das Letras Galegas de 2020 estará dedicado a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero
22/06/19 |
O Pleno da institución decidiu hoxe homenaxear o vindeiro 17 de maio o escritor, filólogo e académico, unha das principais figuras da cultura galega da segunda metade do século XX
Axenda de actos Ver todos |
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel |
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade |
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén |
Venres 27 de decembro de 2019 / 20:00 h Charla da campaña Toponimízate - Vilalba |
Boletín da Real Academia Galega
nº 379
Cadernos de Lingua
nº 36
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega