O 'Picaraño', periódico republicano, radical, revolucionario do Entrimo

Entre o material procedente da doazón de José Ogea atopamos esta verdadeira rareza xornalística, o xornal quincenal o Picaraño, publicado no Entrimo entre 1909 e 1910.
Capa do xornal
Capa do xornal


Máis en concreto, o exemplar que atesoura a Hemeroteca da Academia é o número 5 do ano I, do 15 de agosto de 1909, e, segundo a declaración de intencións que consta no seu editorial, "Condiciones", ten como obxectivo "levantar la voz en defensa del trabajador del terruño" fronte aos abusos e iniquidades cometidas polos caciques. De claro contido anticlerical, o xornal asume como propia a tríade ideolóxica da Revolución Francesa, "libertad, igualdad, fraternidad".

Segundo consta no mesmo editorial, o Picaraño admitía textos redactados orixinalmente en "Castellano, Portugués, Gallego y Mixto", e dispuña, así mesmo, dunha nómina de colaboradores correspondentes distribuídos xeográficamente, seguindo unha lóxica indiscernible, en Lisboa, Bos Aires, Salamanca e Bande.

Neste número, que se pode descargar aquí, aparecen, ademais de varios textos de carácter anticaciquil, anticlerical e etnográficos, tres poemas en galego, un deles sen sinatura titulado "Soedades", e outros dous da man de Aureliano J. Pereira e Curros Enríquez.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete