Doazón dos manuscritos do xeneral Beceiro

Entre as cinco obras manuscritas doadas polo seu fillo, Juan Luís Beceiro García, á Academia atópanse as traducións d'O Quixote e A Odisea.
Mercedes Fernández-Couto, Alonso Montero, Juan Luís Beceiro e Ana Menéndez
Mercedes Fernández-Couto, Alonso Montero, Juan Luis Beceiro e Ana Menéndez


O xeneral Juan Beceiro Amado (1903-1990) dedicou moitas das súas horas de lecer á tradución de clásicos da literatura universal á nosa lingua. Deste xeito, entre os anos 1972 e o 1979, trasladou ao galego O Quixote da Mancha, Contos e lendas d´a Eirín, Vida e milagres do Lazariño de Tormes, A Odisea de Homero e o Hamlet de Shakespeare.

O Xeneral Beceiro
O Xeneral Beceiro

Trátase, en moitos dos casos, segundo ilustrou no seu discurso de agradecemento o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, da primeira tradución destas obras coas que conta o noso idioma. E engadiu: "Ademais destas verdadeiras xoias, en vindeiras datas Juan Luís Beceiro hanos enviar tamén outra obra manuscrita de seu pai titulada Comentos, follas dun vocabulario galego-castelán, que está lonxe de ser unha dicionario ao uso, xa que moitas das entradas están ilustradas con exemplos tirados da paremioloxía popular e, nalgúns casos, mesmo con relatos da súa invención".

"Estas cinco obras", concluíu Alonso Montero, "chegadas á Academia grazas aos bos oficios como intermediario do xornalista ferrolán Siro López, quedan desde hoxe atesouradas no noso Arquivo, accesibles á curiosidade dos estudosos e especialistas".

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 5 de decembro de 2019 / 19:00 h
Charla de Toponimízate - Casa da cultura de Noia
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h
Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén

Novas da Academia

Subscríbete