Contido con Actualidade Novas.

Antón Santamarina expón a riqueza da toponimia galega nunhas xornadas de Euskaltzaindia

14/06/19 |
O académico participou no sétimo seminario que organiza a academia vasca co gallo do seu centenario. Expertos na materia analizan en Vitoria-Gasteiz o proceso de normativización e socialización dos nomes propios

Unha muiñeira para Fraguas

12/06/19 |
O músico Rubén Troitiño dedícalle ao protagonista do Día das Letras Galegas de 2019 unha composición gravada coa colaboración de catro agrupacións musicais de Cerdedo-Cotobade

O plenario da Academia Brasileira de Letras ábrelle as portas á RAG

7/06/19 |
As dúas institucións reafirman a vontade de colaboraren para estreitar a relación entre ambas as culturas. “O pobo galego e o pobo brasileiro, mesmo as súas linguas, teñen lazos comúns de identidade que cómpre apertar", salientou o presidente da ABL, Marco Lucchesi

Cartas históricas para celebrar o Día Internacional dos Arquivos

7/06/19 |
O arquivo da RAG presenta unha escolma de cartas en galego do século XIX e comezos do XX, entre elas unha das primeiras escritas no Rexurdimento na lingua do país, dirixida a Rosalía de Castro

O presidente da RAG salienta que o galego non é unha lingua local e defende a irmandade co portugués para gañar proxección exterior

6/06/19 |
Víctor F. Freixanes interveu na aperturda do “I Seminário Internacional para Estudos Lingüísticos. Galego e Português: o passado presente”, que se celebra estes días na Universidade Federal Fluminense, na localidade brasileira de Niterói

O IES de Foz gaña I Certame Escolar de Podcasts Xosé Mosquera

6/06/19 |
O concurso que leva o nome de quen deu vida ao popular personaxe do Vello dos Contos recoñeceu cun accésit o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas. O CEIP Nicolás del Río de Cedeira mereceu unha mención especial

A Academia estreita lazos culturais nunha visita ao Brasil

5/06/19 |
Víctor F. Freixanes, Henrique Monteagudo e Rosario Álvarez participaron nun coloquio sobre a lingua e a cultura galega na Universidade Federal do Rio de Janeiro. Hoxe intervirán no "I Seminário Internacional Galego e Português: O Passado Presente", en Niterói, e mañá serán recibidos na Academia Brasileira de Letras

Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luís Axeitos presentan o terceiro tomo das cartas a Murguía

3/06/19 |
Os académicos editan a correspondencia pasiva do intelectual de 1886 a 1923 no penúltimo volume dun epistolario de case dúas mil cartas, a maioría dos fondos da Academia. O proxecto constitúe unha ferramenta fundamental para o estudo da historia cultural de Galicia

O 'Boletín' recompila achegas á vida e obra de María Victoria Moreno e á 'Gramática' de Saco Arce

29/05/19 |
O novo número da publicación, cos traballos do Simposio María Victoria Moreno e as alocucións do Día das Letras Galegas 2018, está dispoñible en liña. Recolle tamén traballos arredor da 'Gramática' de Saco Arce nos seus 150 anos e contribucións sobre a poesía e o pensamento de Samuel Eiján

Nove historias en 200 palabras con premio

28/05/19 |
Jessica Rodríguez, de Mesía, gaña o primeiro premio de adultos cun impactante relato de só 85 palabras. O primeiro premio de xuvenil foi para o relato “Cacería nocturna”, do coruñés Óscar Fernández Freire, e a compostelá Claudia Martínez Asenjo mereceu o primeiro premio de infantil con “O valor dos nomes”

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete