Contido con Actualidade Novas.

"Fálolles aos rapaces de Antonio Fraguas, pero tamén moito da época que lle tocou vivir"

26/04/19 |
Héctor Cajaraville achega o público máis novo ao protagonista do Día das Letras Galegas en ‘Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo’. "Aínda que non o pareza, tivo una vida de novela", salienta o escritor. A biografía ve a luz na colección Merlín de Xerais

A biblioteca lembra os 70 anos da 'Exposición Cultural Gallega' da Habana co gallo do Día do Libro

23/04/19 |
A exposición foi organizada pola asociación que apoiou desde Cuba a creación da Academia co obxectivo de divulgar a produción literaria galega á outra beira do Atlántico. A RAG participou na mostra co primeiro Dicionario, interrompido na voz “cativo”, e o 'Boletín'

A Academia e PuntoGal premian nove relatos de autoras e autores de todas as idades entre case 500 propostas

22/04/19 |
Jessica Rodríguez, veciña de Mesía, o coruñés Óscar Fernández Freire e a compostelá Claudia Martínez Asenjo fanse cos primeiros premios nas modalidades de adultos, xuvenil e infantil. O xurado tamén recoñece os textos de Alba Díaz Mera, Pablo Mirás, Martina Lois Cuns, Cristina Fojo, Ángela Arnosa e Eduardo Cameselle

A exposición 'Antonio Fraguas, memoria dun soño' arrinca na biblioteca Ánxel Casal

15/04/19 |
A mostra da Consellería de Cultura poderá verse nos vindeiros meses en Arteixo, A Coruña, Celanova, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e, da man da Fundación Otero Pedrayo, Amoeiro

Xosé Ramón Pena presenta o volume da súa historia da literatura dedicado á "longa noite"

11/04/19 |
O autor publica en Xerais a cuarta entrega, que abrangue o período de 1936 a 1975. Presentou o número na RAG co académico Xesús Alonso Montero e o director de Xerais, Fran Alonso

Unha praza para Emilia Pardo Bazán

11/04/19 |
O espazo, no interior de Marineda City, foi inaugurado no marco do acordo entre o centro comercial e a RAG, a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, para divulgar a figura e a obra da escritora

Terra Nomeada afonda en catro novos volumes en máis dun milleiro de topónimos

9/04/19 |
A serie promovida pola Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica conta con novos traballos dedicados a Ames, A Estrada, Trabada e Begonte e Rábade, dispoñibles en versión dixital na web da RAG

O presidente da RAG abre a Semana Cultural do IES Antonio Fraguas

8/04/19 |
O instituto compostelán dedícalle a celebración ao intelectual que lle dá nome, protagonista do Día das Letras Galegas deste ano. Tras o relatorio de Víctor F. Freixanes, plantouse unha árbore procedente da terra natal de Fraguas

Ana Romaní ingresa na Real Academia Galega reivindicando a escoita na creación poética e no xornalismo

6/04/19 |
“Pensar en galego vai moito máis alá da lingua de uso, supón unha perspectiva, unha posición, unha realidade. Somos idioma, non a súa tradución”, salientou no pleno celebrado en Noia. A nova académica ocupa a cadeira que foi antes de Xohana Torres, un referente para ela moi presente no seu discurso

'Toponimia de Ames' divulga a orixe e o significado de case 130 nomes de lugares

4/04/19 |
O novo libro da colección Terra Nomeada, asinado por Xosé Ramón López Boullón, explica dun xeito divulgativo a historia e os significados dos topónimos das parroquias e lugares e doutros 13 como o do val da Maía ou o monte Mar de Ovellas

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete