Ecocidio, feminicidio, narcosubmarino, negociación quecemento global e sentidiño chegan á final da Palabra do Ano

18/12/19 |
O Portal das Palabras promove desde 2014 a elección do termo máis destacado dos últimos doce meses. O prazo de votación a través de Internet permanecerá aberto para todo o público ata as 23:59 horas do 25 de decembro

Declaración da RAG verbo dos acordos do Comité de Ministros do Consello de Europa sobre a Carta de Linguas Rexionais e Minoritarias

16/12/19 |
A Real Academia Galega congratúlase das recomendacións aprobadas e insta o Estado español e, nomeadamente, a Comunidade Autónoma de Galicia, a seguilas

O académico Ramón Villares, galardoado co premio Otero Pedrayo 2019

13/12/19 |
O historiador comparte o galardón co escritor Paco Martín. O premio entregarase na Deputación de Lugo

Relación definitiva de candidaturas para cubrir dous contratos de sociolingüística

11/12/19 |
Publícase a listaxe das persoas seleccionadas por orde de prelación e preferencia para realizar traballos de sociolingüística na Real Academia Galega

A Academia e o Concello de Ferrol abordan a celebración do Ano Ricardo Carvalho Calero

9/12/19 |
O presidente Víctor F. Freixanes, entrevistouse esta mañá co alcalde da cidade, Ángel Mato. A Real Academia Galega celebrará o pleno extraordinario do 17 de maio no teatro Jofre

'Toponimízate' continúa este xoves en Noia e visitará este mes outras catro localidades

5/12/19 |
A biblioteca municipal de Muxía acolleu este mércores unha nova charla de divulgación dos nomes da terra. Folgoso do Courel, Cerdedo-Cotobade, Pazos de Borbén, Vilalba e As Neves son as vindeiras paradas da campaña

Os 'Cadernos Ramón Piñeiro' dedican un número a Antonio Fraguas

4/12/19 |
A publicación reúne máis de trinta traballos sobre o protagonista do Día das Letras Galegas 2019, entre eles achegas de dez membros da Real Academia Galega

O Portal das Palabras anima a cidadanía a participar na escolla da Palabra do Ano 2019

3/12/19 |
O público pode enviar as propostas ata as 23:59 horas do 15 de decembro. As máis populares pasarán á segunda fase na que, mediante votación telemática ata o 25 de decembro, se decidirá cal é o termo que mellor identifica o ano a piques de concluír

A Academia presenta no Bierzo o libro que recolle as cartas cos primeiros versos en galego de Fernández Morales

2/12/19 |
O volume reproduce a correspondencia que o autor lle enviou ao filólogo catalán Mariano Cubí, quen o animou a escribir en galego. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o autor da edición, o académico Héctor Silveiro, presentarárono no Concello de Corullón

O Simposio Antonio Fraguas conclúe cunha reflexión sobre o estado da etnografía e da antropoloxía

29/11/19 |
O encontro remata no Museo do Pobo Galego con dúas mesas redondas que abordaron os vínculos entre Galicia e Portugal en ambas as dúas disciplinas
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete