Homenaxe ao profesor Alonso Montero

3/12/18 |
O mundo da cultura, antigos alumnos, amizades e admiradores da súa traxectoria celebraron co académico o seu 90 aniversario nun acto en Vigo

Unha activista cultural multifacética

28/11/18 |
María Victoria Moreno non só foi unha escritora destacada. A segunda xornada do simposio dedicado a ela afondou no seu compromiso coa lingua e a cultura expresado tamén a través do seu labor como docente, libreira ou autora de libros de texto pioneiros

O Simposio María Victoria Moreno retrata o carácter pioneiro da autora e homenaxea a súa faceta poética

27/11/18 |
A primeira xornada do encontro co que a Real Academia Galega lle pon o ramo ás Letras Galegas 2018 rematou cun recital de versos da escritora a cargo de seis voces amigas

O Premio Rosa dos Ventos 2018 recoñece a Fina Casalderrey

27/11/18 |
O alumnado de quinto de bacharaleto do Instituto Santiago Apóstolo de Buenos Aires valora a pegada que lle deixou a lectura dos seus libros e a súa defensa comprometida da lingua galega

Homenaxe a Xesús Alonso Montero no seu 90 aniversario

27/11/18 |
A Asociación Premios da Crítica de Galicia organiza a celebración que terá lugar o sábado 1 de decembro no auditorio Afundación de Vigo. No acto, de entrada libre, estrearase un documental sobre o homenaxeado de Xan Leira. A xornada continuará cun xantar de irmandade

Quince especialistas ofrecen novas olladas a María Victoria Moreno no simposio que lle pon o ramo ás Letras Galegas 2018

23/11/18 |
A Real Academia Galega celebra os días 27 e 28 de novembro o encontro dedicado á autora homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas. A tarde do martes rematará cun recital conducido por Xesús Rábade que contará tamén coas voces de Darío Xohán Cabana, Ana María Fernández, Antonio García Teijeiro, Mercedes Queixas e Xoán Babarro

A Academia reivindica a Saco Arce como un autor fundamental do Rexurdimento no 150 aniversario da súa 'Gramática'

22/11/18 |
A institución recorda en Ourense a importancia do texto “dun dos fundadores da lingüística galega moderna, referencia obrigada para todos os que viñeron despois”. O IES Otero Pedrayo acolle esta tarde unha homenaxe ao gramático, tras a inauguración dunha exposición sobre a súa vida e obra

A RAG e a Deputación de Lugo renovan o convenio de colaboración

21/11/18 |
O organismo provincial apoia distintas accións da institución para o fomento da lingua e da cultura galegas cunha achega anual de nove mil euros

A Academia reclama os fondos bibliográficos de Emilia Pardo Bazán para manter unido o seu patrimonio

19/11/18 |
A RAG, que custodia a memoria e o patrimonio da escritora, solicitará que os libros que seguen en Meirás sexan declarados BIC. A institución promoveu o grupo, coa colaboración de investigadores das universidades da Coruña e Santiago, que inventariou estes fondos, un traballo que espera publicar en breve

Luz Pozo xa é filla adoptiva de Viveiro

19/11/18 |
A escritora e académica lembrou o tempo vivido nesta localidade en distintos momentos da súa vida nun emotivo acto que encheu o pasado domingo o Teatro Pastor Díaz
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2019


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar