Pasamento do académico correspondente Fausto Galdo

O pasado 5 de novembro finaba na Coruña o doutor e erudito viveirense Benigno Fausto Galdo Fernández.
Fausto Galdo durante a conmemoración dos 50 Días das Letras
O doutor Fausto Galdo durante a súa intervención, o 16 de xuño de 2012, na conmemoración dos 50 Días das Letras na Coruña


O doutor Fausto Galdo Fernández, nado en Viveiro en 1944, desenvolveu a meirande parte da súa carreira profesional no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, CHUAC. Especialista recoñecido internacionalmente no eido da Reumatoloxía, os seus intereses rebordaban –na tradición do médico humanista- o campo da medicina para se ocupar tamén doutros aspectos da cultura xeral, como a historia da súa vila natal, Viveiro, da que foi cronista oficial.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 27 de maio de 2019 / 18:00 h
Entrega dos premios do II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

Novas da Academia

Subscríbete