Simposio Carballo Calero

Xoves, 29 de outubro de 2020 - 19:00 horas

Ver emisión
en directo

O Portal das Palabras crea un premio escolar para lles poñer imaxes ás palabras do día

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocan a través do Portal das Palabras o concurso Olla a Palabra do Día! A iniciativa, dirixida aos centros de educación infantil, primaria e ESO, repartirá oito premios entre os traballos do alumnado que lles poñan imaxes aos termos da sección Palabra do Día publicados no Portal das Palabras durante o mes de outono. Cada traballo deberá centrarase nun dos temas semanais que se proporán do 5 de outubro ao 1 de novembro, centrados, por esta orde, na celebración do Día da Nena; a vida e á obra do protagonista do Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carballo Calero; o Samaín e mais o coidado do medio natural. As bases do concurso poden consultarse nesta ligazón.

O concurso pretende promover a difusión do léxico galego e, ao mesmo tempo, potenciar a creatividade, a capacidade de síntese e a aprendizaxe de conceptos mediante o chamado pensamento visual, que consiste en converter en imaxes sinxelas e recoñecibles todo tipo de conceptos e ideas. A convocatoria ponse en marcha coa colaboración do colectivo docente Galiza Visual, que promociona esta ferramenta didáctica nas aulas de todos os niveis.

A Palabra do Día adoita ter unha unidade temática semanal e cada termo acompáñase non só do significado da acepción en cuestión que recolle o Dicionario da Real Academia Galega, senón que tamén indaga nas súas orixes e ofrece exemplos de uso tirados de obras da literatura e os medios de comunicación galegos que engaden elementos inspiradores para as persoas que desexen participar no reto de traducir as palabras á linguaxe visual.

O Portal das Palabras ofrece ademais xogos interactivos, vídeos e outros contidos divulgativos que conectan o léxico galego coa realidade cotiá e a actualidade dun xeito ameno. Dende esta plataforma, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié organizan ademais dende 2014 a elección da palabra do ano no noso idioma.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 29 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo
Carvalho Calero - Ideas e achegas ao idioma
Sábado 31 de outubro de 2020 / 12:00 h
Pleno extraordinario do Día das Letras Galegas
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete