Simposio Carballo Calero

Xoves, 29 de outubro de 2020 - 19:00 horas

Ver emisión
en directo

A Academia e o Concello da Coruña abordan a celebración do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán

O presidente da Real Academia Galega e a alcaldesa da Coruña abordaron hoxe nun encontro institucional a celebración en 2021 do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán. A rexedora recibiu no Pazo de María Pita a Víctor F. Freixanes e mais a académica Marilar Aleixandre, coordinadora da institución das actividades do centenario por parte da RAG.

Víctor F. Freixanes, Marilar Aleixandre e Inés Rey na xuntanza mantida no Pazo de María Pita. Fonte: Concello da Coruña


Tras a xuntanza, o presidente da Academia salientou que A Coruña debe ter o protagonismo que merece nesta efeméride. Emilia Pardo Bazán naceu en 1851 na cidade que convertería na súa Marineda literaria. A Coruña é tamén a sede da Real Academia Galega, depositaria histórica do patrimonio bibliográfico e documental da escritora, que foi nomeada presidenta de honra cando a institución se fundou en 1905, lembrou Víctor F. Freixanes. A antiga casa familiar da autora é ademais a sede da Academia, que acolle na primeira planta do inmoble a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 29 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo
Carvalho Calero - Ideas e achegas ao idioma
Sábado 31 de outubro de 2020 / 12:00 h
Pleno extraordinario do Día das Letras Galegas
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete