A Academia aborda a situación do galego nas escolas infantís nas xornadas de educación e lingua da USC

A Real Academia Galega participou este xoves nas VI Xornadas Educación e linguas en Galicia do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, centradas nos dez anos de aplicación do chamado Decreto do plurilingüismo. O técnico do Seminario de Sociolingüística, Xaquín Loredo, participou nunha mesa dedicada ás experiencias na educación infantil na que se referiu ao primeiro mapa sociolingüístico escolar de Ames, un proxecto no que a Academia está a traballar en colaboración con este concello coruñés.

Xaquín Loredo nun momento da súa intervención


Esta é, explicou Xaquín Loredo, a primeira investigación profunda dende a perspectiva da lingua nunha contorna periurbana. O seu interese especial radica ademais no feito de centrarse nas idades máis temperás, infancia e mocidade, e tendo en conta todos os contextos de socialización: a familia, a escola e os espazos de ocio e tempo libre.

O traballo estase a desenvolver no marco do convenio que asinaron o pasado mes de febreiro a Real Academia Galega e o Concello. Os resultados do que será o primeiro mapa sociolingüístico deste municipio servirán para propoñer medidas de intervención que promovan que a lingua recupere espazos de uso nun grupo de poboación esencial para o seu futuro.

O traballo de campo da primeira fase do proxecto, xa concluído, permitiu analizar a situación nas dez escolas de educación infantil de 0 a 3 anos de distinta titularidade que hai no concello, a través de enquisas aos pais e nais e ás educadoras. O estudo completouse con entrevistas ao persoal directivo destes centros.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 18 de novembro de 2019 / 16:30 h
Toponimízate - Ordes
Venres 22 de novembro de 2019 / 19:30 h
Conmemoración do 70 aniversario da colección Benito Soto - Pontevedra
Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h
A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas
Mércores 27 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas
Xoves 28 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas

Novas da Academia

Subscríbete