Arquivo da Real Academia Galega


O Arquivo da Real Academia Galega está constituído pola documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades e conservada para a xestión, a información, a cultura e a investigación. A súa orixe data da fundación da RAG, en 1906, e constitúe unha fonte fundamental para o coñecemento da historia da institución -organización, finalidades, traballo, conexión coa sociedade, etc.- e dos seus membros, e mesmo para a historia do país.

Conserva, asemade, arquivos persoais, de empresas, asociacións e institucións e, por ultimo, as coleccións formadas ou recibidas pola RAG.

Enderezo: Rúa Tabernas, 11 15001 A Coruña

Contacto electrónico: arquivo@academia.gal

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete