Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

John Rutherford
St Albans (Inglaterra)


Nado en St Albans (Hertfordshire, Inglaterra), doutorouse pola Universidade de Oxford en 1959 coa tese Mexican Society during the Revolutión: A literary approach (Oxford University Press, 1971).

Xubilado no 2008, foi profesor de lingua e literatura españolas no Queen's College (Universidade de Oxford) desde 1968, creando e dirixindo o Centro de estudos galegos desta universidade en 1991. Foi vicepresidente (1991-1994) e presidente (1994-1997) da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

Coordinou o Obradoitro de Tradución Galego-Inglés do Queen's College que traduciu e publicou unha escolma de textos de Ferrín (Them and other storis, 1996) na que, ademais do propio profesor Rutherford, participaron Benigno Fernández Salgado e Xelís de Toro, e a versión inglesa de Cousas, de Castelao (Things, 2000). No ano 2001, a través do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo publicou Breve historia del pícaro preliterario, defendendo a orixe galega deste personaxe da literatura española. Ademais, publicou unha novela en galego, As frechas de ouro (Vigo: Galaxia, 2004), un libro de viaxes novelado sobre o Camiño de Santiago.

Procurando a relación da cultura galega coas Illas Británicas e con Norteamérica, foi animador das Xornadas 'Mar por medio' que se celebran en Ribadeo desde o ano 1992. O 24 de xuño de 2007 recibiu o Premio Trasalba pola súa contribución á difusión da lingua, cultura e literatura galegas e o 4 de outubro de 2008 ingresou na Real Academia Galega como académico de honra. En outubro de 2011 foi nomeado doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. 

Na seguinte ligazón podes descargar o seu discurso de ingreso, O fermoso sorriso do profeta Daniel.


Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete