Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h

A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas

A sede da Real Academia Galega acolle a inauguración do Simposio Antonio Fraguas, que continuará os días 27 e 28 de novembro en Santiago de Compostela. A Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas colaboran na organización do encontro que lle porá o ramo á celebración do Día das Letras Galegas 2019.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, coordinará na xornada inaugural unha mesa na que María Xosé Fernández Cerviño ofrecerá un perfil biográfico da figura homenaxeada este 17 de maio pola RAG, institución á que pertenceu dende 1942, primeiro como académico correspondente e a partir de 1951 como membro de número. Antonio Reigosa falará dalgúns seres fantásticos de Galicia sobre os que escribiu Antonio Fraguas e o académico Francisco Díaz-Fierros analizará as súas achegas sobre o territorio e a paisaxe.

O serán concluirá cun concerto de Oscar Ibáñez baseado no Cancioneiro de Cotobade, recollido polo propio Fraguas na súa terra natal.

Programa dispoñible NESTA LIGAZÓN.



Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 18 de novembro de 2019 / 16:30 h
Toponimízate - Ordes
Venres 22 de novembro de 2019 / 19:30 h
Conmemoración do 70 aniversario da colección Benito Soto - Pontevedra
Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h
A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas
Mércores 27 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas
Xoves 28 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas

Novas da Academia

Subscríbete