MANUEL MURGUÍA
185
o galego é resultado dos dialectos célticos e grego e foi o primeiro que se formou coa corrupción da lingua latina, sendo polo tanto anterior ó castelán, que resultou el secundario que se fué formando con el tiempo y el clima seco de Castilla. En 1849 publica Martínez Padín a súa Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia, na que lle dedica un capítulo enteiro á lingua galega. Nel fanse afirmacións, non xa sobre a orixe e antigüidade da lingua galega, senón que se fan valoracións científicas segundo os criterios da época. A lingua galega é o latín corrompido pero cunha importantísima influencia céltica e sueva, ó igual que o portugués, o que produce que o galego sexa a lingua máis lenta, doce, concisa reflexiva e harmónica da Península, debido á ausencia de voces guturais, á abundancia de ditongos, ó predominio da vocais fronte ás consoantes, á abundancia de diminutivos... Por primeira vez, e con argumentos de tipo historicista, conéctase o galego coa prehistoria e coa historia máis antiga para extraer de aí caracteres diferenciais, étnicos, que o individualizan e afastan dos demais romances peninsulares. A valoración do céltico e mais do xermánico por riba da herdanza latina será desde agora unha constante nas diversas ideoloxías que sobre a lingua galega se constrúan. Así sucederá na obra de Vicetto e especialmente na de Murguía, que será o que sistematice e dea corpo a estas especulacións. Neste sentido a primeira defensa explícita da lingua galega e en galego é do ano 1844 e seguramente é de J.M. Pintos. Vén nunha folla solta titulada A entrada do Sr. Arsibispo cando vinha do seu desterro e n M a o n e está impreso en Santiago na oficina de Compañel, firmado por J. P. V. Di así:
Nenas do Sar e Sarela ¿tendes vergonsa n'a cara? ¿Deyxades a vosa lingua nosa tenra e compasada? Non nasin n'Andalusía para cantar sevillana: nas ribeiriñas do Tambre aprendín o tálalála.
Defensa e reproche que atoparemos logo con máis extensión na Gaita Gallega e en especial no R e c r a m o de 1859 ou que con novo título, R e c h a m o , se publica de 1875 en El Heraldo Gallego.