Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
As dúas primeiras concepcións canxarían dentro do que Xoán González Millán (1994) denominou ?literatura nacionalista?; a derradeira dentro do que el mesmo chamaba ?literatura nacional?. E reparemos, por un instante, na peculiar afirmación de Francisco Rodríguez (1990) de que á literatura galega non lle chega con estar escrita en galego senón que, antes ben, existirían uns criterios (que para o autor deberían ser os do realismo e o da plasmación da realidade, sexa esta o que for) que permitirían outorgarlle a definitiva etiqueta de galego a un produto literario. Non abondaría o criterio filolóxico senón que a este debería sumarse aínda o criterio temático9. É o ambiente literario do Período Nós o que establece o límite entre o criterio temático e o criterio filolóxico. Os Ruíns sería claramente unha mostra do abandono do criterio temático, abandono que semella aínda dubitativo en Otero Pedrayo, máis nidio en Vicente Risco e o seu modernísimo O Porco de Pé. A Guerra Civil e a posguerra significan o final dese proceso e volven situar a nosa tradición literaria en posicións anteriores a 1916, por sinalarmos unha data emblemática que nos sirva para situar historicamente o inicio deste proceso. O conflito posterior entre a N.N.G e o Realismo Máxico non fará máis que manifestar a vivacidade desa mudanza, sen a cal a nosa tradición literaria xamais entraría na modernidade. De elaborarmos un novo cadro semiótico en base aos conflitos (lingüísticos e temáticos) mencionados encontrariámonos co seguinte:
A
Lingua galega
Temática galega
B
C
Temática non galega
Lingua non galega
D
121
Nº 369