228
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
tros funcionarían como ? l u g a res de refugio, en los dias de peligro , c u a n d o l a s tribus enemigas asaltaban de improviso las pobres viviendas y los burgos de los antiguos gallegos? (1865: 524). Estes lugares de refuxio ocasional serían distintos cre Murguía das cidades con casas circulares das que ten oído falar; pero isto levarao a consideralo problema de conxugalo elevado número de castros dispersos por toda Galicia coa reducida cantidade de supostas cidades celtas, que son máis ben ?escasas? (1882: 33). A ESTRATEXIA DE INTERPRETACIÓN ARQUEOLÓXICA: ACHEGA MURGUIANA ¿Que descubriu Murguía a partir desas mámoas e castros que tanta atracción exerceron sobre el? Pasemos agora a expoñer aspectos máis xenéricos da investigación arqueolóxica murguiana. Para comezar a valorala súa achega á arqueoloxía galega debemos salientar, primeiramente, a súa pioneira concepción da cultura material. O noso historiador abraia, como vemos, ante os colosais monumentos, ?tan intere s a n t e s , como la mas bella estátua griega, ó el mas suntuoso edificio ogival? (1865: 486), pero isto non lle impide decatarse de que hai outros moitos vestixios das épocas primitivas que deben ser contemplados desde unha perspectiva arqueolóxica. Os primeiros historiadores galegos interesados polas antigüidades centraban as súas pescudas sobre os restos epigráficos e numismáticos, pezas que se trataban, en última instancia, como textos escritos sobre soportes duros; así non se superaba o constrinximento ás fontes literarias (Pereira 1998: 29). Paralelamente fora espertando a atención polos grandes monumentos, tendencia que xa se desenvolvera en Europa desde o Renacemento (Masset 1993: 8ss., Daniel 1974: 36ss.). Así mesmo, emerxera unha corrente anticuarista, centrada especialmente nas antigüidades grecolatinas, e que as apreciaba consonte a súa beleza e o seu valor artístico (Trigger 1992: 36ss.). O noso Murguía foi capaz de ir máis alá: non só recolle esta triple influencia para atendelo estudio de epígrafes e moedas, de monumentos e de restos artísticos, senón que a lles engade, como obxectos de interese, calquera resto material xerado polas culturas primitivas. Cerámica, doas de colar, torques, diademas, brazais, machados, espadas, lanzas, puñais, coitelos, muíños, concheiros, estatuas, canalizacións, manifestacións artísticas... todo aquilo que poidamos atopar, indepen