MANUEL MURGUÍA
227
Á primeira vista desta clasificación dos monumentos célticos poderiamos inferir que non avanza moito sobre as anteriores, pois a penas parece distinguirse das presentadas por Martínez de Padín (1849: 232ss.) ou mesmo por Vicetto (1865: 71ss.). Cómpre introducirse na obra de Murguía para comprobalas exhaustivas subdivisións de cada categoría, a súa vontade de exemplificar tódolos tipos con monumentos galegos, e o constante recurso á bibliografía internacional na procura de guías para a interpretación. Así comezaremos a albiscar en qué medida puido este autor distanciarse de quen o precedeu. Aínda presentaremos máis criterios de análise que nos leven á mesma conclusión, pero antes debemos deternos diante dos outros monumentos que chaman a atención do historiador: os castros. Non resulta doado presentar con claridade a concepción murguiana dos castros, cando nin sequera el mesmo sabía definilos dun xeito moi preciso. Para explicalo, temos que aludir de novo á escaseza de escavacións arqueolóxicas, que impedía un coñecemento cabal destas fortificacións. Para Murguía, o castro é ? e l m o n u m e n t o m á s c u r i o s o q u e l a e d a d a n t i g u a n o s h a l e g ad o ? (1888: 55). Externamente preséntase coma ? u n a e s p e c i e d e c o l i n a , y a natural , ya construída artificialmente... Á esta colina, que ofre c e e l a s p e c t o d e u n c o n o t r u n c a d o , l a c o ro n a u n a p l a t a f o rm a , c i rc u l a r c a s i s i e m p re , y d e m a y o re s ó m e n o re s d i m e n s i o n e s , s e g ú n l a i m p o r t a n c i a d e l castro; plataform a q u e ro d e a d a d e u n p a r a p e t o , f o rm a d o d e t i e r r a a l g u n a s v e c e s , p e ro e n s u m a y o r í a d e p e q u e ñ a s p i e d r a s , p re s e n t a u n re c i n t o a l c u a l s e a s c i e n d e p o r u n o ó d o s c a m i n o s ó r a m p a s q u e s u b e n f o rm a n d o u n a l i g e r a e s p i r a l ? (1865: 525). Uns xacementos desta índole explícanse dificilmente se non se coñece o que ocultan baixo a terra, e por iso Murguía atopa atrancos para discernir se se trata de cidades, templos, lugares de residencia real ou de reunión pública, atalaias para protexelas colleitas... Temos que partir da idea de que nos castros que puido visitar non aflorarían estructuras habitacionais; en consecuencia, se na primeira Historia de Galicia advertía que ?según noticias, se hallan algunos c a s t ros, que pre s e n t a n restos de antiguas habitaciones? (1865: 532), en 1888 recoñecerá que aínda ?no hemos hallado un sólo castro c o n restos de habitaciones? (1888: 63). Polo tanto, semella o máis coherente concluír que estes cas