250
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ou grupo humano cunhas características psicolóxicas e culturais particulares (Banton, 1979; Hannaford, 1996). A postura de Murguía, porén, situábase nun lugar intermedio entre aqueles que mantiñan esa versión máis ?culturalista? e as manifestacións máis ?físicas? ou ?biolóxicas? da idea de raza. Á parte das influencias desa ?historiografía romántica? Murguía bebía tamén doutras fontes de inspiración en relación á ?cuestión racial?. Unha delas era a corrente a r i a n i s t a xurdida a principios do século XIX ?nun comezo referida exclusivamente á lingüística pero crecentemente ?racializada? de acordo coas tendencias da época? (Poliakov, 1971). Esa corrente manifestábase no noso autor fundamentalmente a través da influencia das obras e das ideas de escritores franceses como o Conde de Gobineau, Renan ou Pictet. Ata certo punto debedora da anterior (pero tamén posuidora dunha xenealoxía e dunha mitoloxía propias; c f . Chapman, 1992), a corrente celtista era unha influencia sobranceira nas formulacións históricas e etnográficas de Murguía. Pero a corrente que máis o achegaba ás versións ?bioloxizadas? da raza víñalle a Murguía a través das teorías dos antropólogos franceses da primeira metade do XIX, e moi especialmente de William F. Edwards, o fundador (en 1839) da Sociedade de Etnoloxía de París. Foron as teses de Edwards (como se verá máis adiante) as que informaron en particular as opinións do autor coruñés acerca do fenómeno racial tal como este as aplicou ó caso galego. De tódolos xeitos, e a pesar da importancia visible do factor racial nos seus escritos, convén deixar claro que Murguía non se preocupou de teorizar este, nin de presentar dun modo sistemático e coherente o seu pensamento racial. Neste sentido dáse na súa obra unha ben perceptible i n d e f i n i c i ó n do feito racial, en claro contraste coa importancia que tiña este nalgunhas formulacións murguianas. El nunca chegou a definir explicitamente que entendía por raza. Tampouco se interesou polo feito racial en si ?como podían facelo por entón toda unha lexión de antropólogos interesados nos diversos aspectos da ?cuestión racial? (orixe das razas humanas, clasificacións, cruzamentos e modificacións, herdanza, determinismo biolóxico, etc.)?. En troques atopamos en Murguía unha (relativa) neglixencia destes temas... pero coa importante particularidade de que el vai empregar aqueles argumentos raciais, tirados de certas